Skip to Content

Directrices uso da máscara

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar as directices sobre o uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda a información:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

En resumo

O uso da máscara é OBRIGATORIO :

• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

O uso da máscara RECOMENDADO

• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.

 Persoas traballadoras.
 Visitas cando estean en zonas compartidas.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

Contacontos en Inglés: Proxecto Vexo Veo Xacobeo.

No proxecto Vexo Veo Xacobeo tamén participamos nun contacontos en inglés: Have a good hike Mike!

 

Contacontos Vexo Veo Xacobeo

No día de hoxe participamos no contacontos Vexo Veo Xacobeo. Actividade promovida polo Plan Proxecta da Consellería de Educación.

 

Día de Rosalía

Día de Rosalía de Castro

No CEIP de Pousada Carcacía estamos a celebrar o Día de Rosalía Castro. Este martes 22 de febreiro achegaronse uns contacontos,...., que faláronnos de Rosalía, leron poemas, debuxaton a Rosalía e aprendemos todas e todos a facer unha caricatura de Rosalía.

 

 

Pulsar nos debuxos para velos ampliados.

 

Galería de imaxes

Eleccións Consello Escolar

O luns 22 de novembro realizarase a votación para escoller o representante de pais e nais no Consello Escolar do CEIP de Pousada Carcacía.

A Xunta electoral constituída o martes 2 de novembro para organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello escolar, ven de facer público no taboleiro o calendario escolar (adxunto)

Saída Medioambiental no outono

Comezamos o proxecto

Logo de ter feita a selección bibliográfica para o profesorado comezamos a selección de fondos para o noso alumnado en relación as lendas, aos seres mitolóxicos, o camiño de Santiago...para levar adiante o proxecto deste curso "A lenda da raíña Lupa. O camiño da Pedronía"

Precisamos antes de coñecer a lenda da raíña Lupa, coñecer, comprender, investigar... sobre algúns símbolos,  conceptos... que nos poidan axudar a entender a tradición xacobea da Traslatio. Por iso imos  comezar polo símbolos que identifican aos peregrinos e do camiño de Santiago: bordóns, as cunchas, as mouteiras...

A escola estase enchendo de cabazas,cunchas...e xa comezaron a chegar os primeiros caxatos aportados polas familias xa que consideramos imprescindible implicar a nosa comunidade educativa neste proxecto.

 

Chegada da auxiliar de conversa

No CEIP de Pousada Carcacía continuamos coa sección bilingüe na área de Ed. Plástica. Tamén neste curso contamos coa auxiliar de conversa que ven de incorporarse neste mes de outubro.

A auxiliar de conversa ademais de participar nas sesións de Inglés de 1º e 2º curso de Primaria comparte a área de Ed. Plástica coa profesora especialista de inglés.

Neste curso pretendemos tamén implicar a auxilir de conversa no proxecto "A lenda da raíña Lupa. O camiño da Pedronía" coa idea de coñecer o vocabulrio, as expresións, os personaxes das lendas ...en inglés. 

 

 

 

Proxecto:"A lenda da raíña Lupa. O Camiño da Pedronía"

O lema elixido neste curso 2021-2022 para as bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra"quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

"A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade" (Bibliotecas Escolares)

No CEIP de Pousada Carcacía escollemos este curso as lendas. Co proxecto"A lenda da raíña Lupa. O camiño da Pedronía" achegarémonos a algúns dos seres mitolóxicas da cultura galega. 

Coa raíña Lupa, tamén coñecida coma Pepa Loba, queremos visibilizar as mulleres relevantes da mitoloxía galega e da tradición xacobea.

Comezamos o proxecto coa selección de fondos para o profesorado coa idea de mergullarnos na "Galicia encantada"  tan ben recollida nos textos de Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Textos de cabeceira do profesorado para poder transmitir a maxia e o encantamento dos seres e dos lugares mitolóxicos ao noso alumnado.

Coa lenda da raíña Lupa achegarémonos aos seres e aos símbolos mais emblemáticos da tradición xacobea no Concello de Padrón e aos lugares míticos da nosa contorna máis próxima: o Castro Lupario, o Pico Sacro...

 

Presentación do libro 

polo autor

Presentación do libro

polos autores

   
Distribuir contido


by Dr. Radut