Skip to Content

Magosto Interxeracional

Celebramos un Magosto interxeracional coa participación dos nenos e nenas, das familias (pais, nais, avós, avoas, irmáns pequenos...), da ANPA, dos voluntarios e voluntarias da Oficina do voluntariado do Concello de Padrón, da concelleira Lorena Couso e das mestras. Grandes e pequenos participamos nos xogos e degustamos postres caseiros e castañas asadas.

De novo, a posta en valor das actividades interxeracionais, dos xogos tradicionais  coa celebración dun Magosto participativo, lúdico e aberto á comunidade educativa.

Grazas pola vosa participación e colaboración!!!

 

Saída no outono

Xa fixemos a nosa primeira saída escolar previa a celebración do Magosto. Este curso foi posible antes da chegada da chuvia. Poidemos recoller ourizos, castañas, follas... e recoñecer moitos,moitos cogomelos.

 

Os morcegos non dan medo

O 24 de outubro continuamos a xornada de celebración do Día das bibliotecas cunha actividade promovida pola Asociación Drosera para Estudo e Conservación do Medio  Natural.

Descubrimos moitos tipos de morcegos, os morcegos galegos, a súa alimentación...  pero o máis importante da actividade foi reafirmarnos na idea de respectar e coidar os morcegos pola súa importancia na dinámica dos ecosistemas e comprometernos a transmitir na nosa contorma máis próxima a necesidade da súa conservación.  

A idea de que os morcegos son unha especie vulnerable e bonita xa a tiñamos moi asumida pola nosa implicación emocional con Rufus. Por iso, depois de escoitar,ver, preguntar, aprender moitísimo sobre os morcegos , xogamos a morcegos e fomos quen de debuxar moitos tipos de morcegos diferentes de moitas cores que incorporamos á exposición dos libros relacionados coa celebración do Samaín e o Halloween. Celebracións nas que sempre aparecen representados os morcegos asociados ao terror.

Agora nós xa sabemos que os morcegos non dan medo!!! Por iso queremos agradecerlle a Asociación Drosera a divulgación do seu traballo na nosa escola e axudarnos a por en valor o noso patrimonio natural. Grazas!!!  

 

  

      

Librarie´s Day

Comezamos a celebración do día das bibliotecas xa dende a primeira sesión da xornada lectiva para  poder compartir este día co noso auxiliar de conversa. Coa lectura de  "Zog" en inglés continuamos avanzando no proxecto "Os dragóns e outros seres fantásticos".

Logo da lectura adicamos un tempo a mirar , ler, descubrir, compartir...e emocionarnos coa nova colección relacionada cos dragóns que incorporamos no día de hoxe á biblioteca escolar para festexar este día. Unha nova adquisición de títulos relacionados co proxecto deste curso cos que vimos de actualizar a nosa colección cos fondos PLAMBE. 

Dragones e outros seres fantásticos

Dende a biblioteca escolar comezamos o proxecto "Dragones e outros seres fantásticos" descubrindo a Yomón en "Hijo de dragones".

Na cadeira dos contos, na hora de ler dos luns e dos xoves, agárdanos a lectura compartida deste álbum ilustrado. Non acabamos de decidir se é o relato ou as fántasticas ilustracións as que provocaron a nosa fascinación dende o primeiro momento da lectura. Este álbum precisa unha lectura lenta, reflexiva e compartida.

Tamén dende a biblioteca escolar, na reunión do comezo de curso coas familias, presentamos o proxecto deste curso (unha pequena exposición de libros). A nosa sorpresa foi comprobar que moitas familias xa estaban facendo o seguimento de "Hijo de dragones" co relato oral que os seus fillos e fillas transmitían na casa. 

 

O Xogo dos avós e das avoas

Promovidas dende a Oficina do Voluntariado do Concello de Padrón celebramos na escola as xornadas "Os xogos dos avós e das avoas" para por en valor o xogos tradicionais e promover espazos e tempos para o encontro interxeracional. 

Foi para todos e todas, grandes e cativos unhas xornadas lúdicas extraordinarias !!!

  

Curso 2019/2020. Chegada do auxiliar de conversa

Comezamos o curso 2019/2020. Este comezo de curso tivo un sabor agridoce. O inverno demográfico segue avanzando silenciosamente no rural galego. Por este motivo, actualmente no CEIP de Pousada Carcacía so queda en funcionamento unha unidade mixta de Ed. Infantil e Primaria. Non foi posible,a pesares de todos os esforzos da comunidade educativa, manter as dúas unidades da escola.

Pero tamén neste comezo do curso tivemos boas novas. Continuamos no PLAMBE e recibimos con moita emoción e entusiasmo o auxiliar de conversa que nos vai acompañar durante todo o curso.

Pasou en xuño...

Concurso "Desde mi ventana"

Unha alumna de 1º de primaria do Ceip de Pousada Carcacía gañou un dos premios do concurso "Desde mi ventana" patrocinado por Cristalería Padronesa. Noraboa!

 

Planetario

O xoves 20 de xuño tivemos unha actividade moi especial, chegou ao noso cole un planetario móbil. Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos ca viaxe espacial que fixemos por todo o Sistema Solar.

 

Fin de curso

O último día de clase foi moi intenso e emotivo porque ademais das despedidas tivemos dúas actividades moi interesantes.

Un contacontos e a actuación musical de Héctor Lorenzo.

 

Pasou en maio...

Día da nai

Para a celebración do Día da nai todo o alumnado amasou e pintou arxila para crear unha máscara africana moi colorida.

Contacontos con Kukas

  15 de maio asistimos a un espectáculo do artista Kukas no Auditorio de Padrón. Actividade organizada e financiada polo Concello de Padrón.

Día das Letras Galegas

 O día das letras galegas deste ano estivo adicado a Antonio Fraguas Fraguas. No colexio traballamos a cantiga A pulga na palla baseada no conto popular do mesmo nome. Podedes ver o vídeo pinchando sobre a imaxe.

 

Xornada de Convivencia no Ceip Flavia

No mes de maio os nenos de segundo visitaron o colexio Flavia de Padrón. Pasaron a mañá cos que serán os seun compañeiros/as no vindeiro curso.

Pasou en abril...

O mes de abril deixounos para o recordo estas actividades:

 

Actuación do mago Benxamín

A ANPA do Ceip de Pousada Carcacía, ca colaboración da Deputación de A Coruña, agasallounos a actuación do mago Benxamín. Os nenos e nenas do colexio e as súas familias gozaron da ilusión da súa maxia na mañá do 10 de abril.

 

Visita do Coello de Pascua

O último día do segundo trimestre visitounos o Coello de Pascua. Deixounos chocolates para todos/as e o colexio cheo de pisadas que os nenos e nenas non se cansaron de investigar.


Día do libro. Recital de poesía.

Pinchando no seguinte enlace atoparedes imaxes do Día do libro.

A familias viñeron ao centro a recitar poemas cos seus fillos/as e a ensinarnos os debuxos e manualidades que fixeron de cada un.

Moitas grazas pola vosa colaboración, foi unha actividade moi fermosa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut