Skip to Content

Pasou en marzo...

Entroido

O venres 1 de marzo celebramos a festa do entroido. Os nenos/as e convertíronse por un día en sabios e valentes africanos e africanas que rescataban aos animais da sabana nunha obra de teatro que conquistou a todo o público da casa de cultura de Carcacía.  

 

8 de marzo

O 8 de marzo é o Día internacional da muller e no noso colexio celebrámolo ca participación das familias. No portal de entrada colgamos carteis con todas as ideas que tanto os nenos/as como as súas familias achegaron para defender o papel da muller, escoitamos a canción La Puerta violeta de Rozalén... Pincha na imaxe para ver un resumo de todas as actividades que fixemos.

 

 

Visita dos Bolechas

Os Bolechas ca súa campaña de reciclaxe  visitáronnos o día 13 de marzo. Todos/as aprendimos cunha divertida canción como reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos.

 

 

Lamprea do Ulla

Da man dunha divertida cociñeira e maila súa axudante, recordamos a tradición da pesca da lamprea no río Ulla. Actividade organizada polo Concello de Padrón.

Día do pai

Na celebración do Día do pai construimos paus de chuvia con tubos de cartón que pintamos e decoramos. Os nenos e nenas de infantil e primaria traballaron un montón para sorprender aos papás.

 

 

Pasou en febreiro...

O mes de febreiro é o mes de Rosalía. Este ano non visitamos a súa casa senón que a súa casa veu sobre rodas ata o noso cole! 

Inevitablemente falar de Rosalía de Castro é falar de poesía polo que no seu día ilustramos un dos seus poemas. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Tamén como homenaxe a Rosalía de Castro e a poesía cada neno fixo a súa propia interpretación do cartel das Bibliotecas escolares titulado as poéticas diversas.

Admisión curso 2019-20

01/03/2019 00:00
20/03/2019 23:59

Prazo de admisión curso 2019-20

Dende o día 1 de marzo ata o 20 está aberto o prazo de nova admisión para o vindeiro curso. Podedes recoller e entregar no centro o formulario ou facelo a través de internet no seguine enlace.

Admisión curso 2019-20

Pasou en xaneiro...

No mes de xaneiro traballamos o libro "Wangary y los árboles de la paz" dentro do noso proxecto África. Pincha na imaxe para ver como o noso mural se foi enchendo de árbores.

      

Tamén plantamos as nosas sementes da paz recordando a labor de Wangary e cantamos e bailamos a canción Paz de Juanes. Non perdas o video no seguinte enlace.

.

 

O día 31 tivemos excursión á base de emerxencias do 112 da Estrada. Pasámolo moi ben e os nenos e nenas aprenderon moito sobre este servizo.

Pasou en decembro...

No mes de Nadal preparamos a panxoliña "Din, don, dan" de Mamá Cabra. Aquí vos deixamos o vídeo.

Tamén tivemos a visita das Paxes Reais, que recolleron as cartas de todos os nenos e nenas.

 

 

Sección Familias

Na nosa biblioteca xa contamos coa Sección Familias. Comezamos o empréstito publicando un boletín de recomendacións de lecturas.

Apostamos por unha bibloteca escolar aberta a toda a comunidade educativa!!

  

Recomendacións de lectura no Nadal

O Nadal tempo de lecer e de lectura.

Bo Nadal!

 

Pasou en novembro...

25 de novembro-Día Internacional contra a violencia de xénero.

Na aula de infantil traballamos o conto de "Rosa Caramelo". Pinha sobre a imaxe para saber máis.

Na aula de primaria traballamos o conto os bonobos con lentes.

Fixemos da canción "Déjala que baile" (de Melendi, Alejandro Sanz e Arkano) o noso himno contra a violencia de xénero. Tanto nos gusta esta canción que nos lanzamos a gravar un video dela. Podes velo pinchando na seguinte imaxe.

 

 

Aproveitamos as gardas de transporte para ler e recitar poemiñas. Pincha na imaxe para comprobalo.

Pasou en outubro...

Magosto

O mércores 31 de outubro celebramos o Magosto. Como cada ano, non faltaron os xogos populares nin as castañas asadas.

A ANPA agasallounos cun asador de castañas con forma de locomotora.

Moitas grazas a todas as familias por compartir este día con nós. Pasámolo xenial!

Samaín

A biblioteca do colexio organizou unha exposición de libros do Samaín. Un recuncho cheo de historias de medo, de pantasmas, de vampiros e de cabazas decoradas. Os libros expostos estiveron nas aulas na hora do conto e moi pronto xa estarán dispoñibles para o empréstito da biblioteca.

24 de outubro - Día das biliotecas escolares

Con motivo do Día das bibliotecas escolares os nenos e nenas de primaria leron un libro de rimas (Los niños valientes) na biblioteca do noso colexio e recitaron uns poemiñas. Os alumnos/as de infantil estiveron moi atentos aos seus compañeiros maiores.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut