Skip to Content

AbalarMóbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
 

 

Respostas ás preguntas máis frecuentes

Prazo de admisión . Xornadas de Portas Abertas

Está aberto o prazo de admisión ata o 20 de marzo para o próximo curso escolar 2020/2021.

Pódese recoller e entregar no centro o modelo ANEXO II (ED550B) ou descargar na aplicación  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

O ANEXO II debe acompañarse do DNI do neno ou nena ou libro de familia.

Achégase  información das Xornadas de Portas Abertas para coñecer o CEIP de Pousada Carcacía. 

Ven a Coñecernos !!! Para máis información contacta con nós no teléfono 881 866 265

 

Mes de Febreiro. Mes de Rosalía de Castro

Rematado o mes de febreiro rematamos tamén o mes adicado a nosa poetisa de cabeceira: Rosalía de  Castro.Neste curso a poposta do Concello de Padrón para conmemorar o día de Rosalía foi a participación nunha visita teatralizada dos Quinquilláns na Casa Museo. 

Logo na escola, exposición adicada a Rosalía, a lectura de poemas... e sempre Rosalía.

  

O Mar no Camiño

Na biblioteca, este curso "viveiro da cidadanía", continuamos acollendo propostas moi diversas. Nesta ocasión,O Mar no Camiño" un obradoiro de difusión da cultura mariñeira galega nos centros escolares posto en marcha por Fundamar en colaboración con mimadriña.Un proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O conto da vieira Migueliña axudounos a coñecer aspectos moi diferentes do camiño de Santiago e logo por un momento fomos quen de imaxinarnos peregrinos en Carcacía, no concello de Padrón, facendo a última etapa do camiño portugués cara Compostela co noso gorro elaborado no obradoiro.

Agora teremos que agardar para visitar a exposición dos traballos realizados polos diferentes centros escolares participantes e poder ver a nosa pequena achega a este proxecto. 

So nos queda contaxiar ás familias do noso entusiasmo para facer un anaquiño da última etapa do camiño portugués.

     

 

Día da Paz

Celebramos o Día da Paz. Moitas pombas de cores, individuais, colectivas... 

 

25-N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Fronte a violencia de xénero só cabe unha resposta... e moita,moita educación. A biblioteca escolar poder ser un deses lugares privilexiados onde comezar o percorrido da igualdade e o rexeitamento da violencia de xénero.

Introdución á robótica na biblioteca

Comezamos a intoducir a robótica na biblioteca ademais doutras propostas que imos de maneira progresiva incorporando á biblioteca.

Halloween

Sería pola exposición de cabazas do Samaín, polos contos que dan moito medo... o caso foi que apareceron na nosa biblioteca moitos seres monstruosos en Halloween... 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut