Skip to Content

Dinamización

Mochilas Viaxeiras : O Camiño de Santiago

Neste curso estamos a participar no proxecto Vexo, Veo Xacobeo.

Nestes dous trimestres foron moitas as actividades e contidos traballados arredor da "Lenda da raíña Lupa. O Camiño da Pedronía" (tramo do camiño de Santiago a Padrón).

Neste momento, o alumnado xa está en disposición de transmitir e compartir coa comunidade educativa todas as aprendizaxes polo que convidamos ás familias a participar no descubrimento das mochilas vaxeiras "O camiño de Santiago"

Contido das mochilas:

  • 2 Contos do camiño: para escoitar, ler remirar,buscar...

  • 4 Tarxetas/vocabulario con diferentes representaciós de elementos do camiño: para ler, preguntar...o alumnado pode facer partícipe ás familias de todo o que aprendeu, das curiosidades...

  • 1 representación dun elemento significativo do Camiño Santiago: a mouteira/a cuncha/ a cabaza.

  • 1 pasatempos: buscar os elementos do camiño nunha ilustración

  • 1 mandala de cuncha de peregrino: para pintar,recortar e enviar ao cole para a nosa exposición.

  • 1 marcapáxinas:  para decorar e utilizar cos contos

  • 1 álbum de fotos: para recordar,compartir... as saídas, as actividades, a elaboración dos murais...

  • 1 caderno de visita: unha pequena libreta do camiño onde os membros da familia que participe nalgún momento lendo,escoitando,preguntando...poden deixarnos a súa sinatura, un comentario, unha dedicatoria...

A intencionalidade destas mochilas é contaxiar a nosa comunidade educativa do entusiasmo do alumnado co proxecto Vexo, Veo Xacobeo...

Bo camiño!!! 

 

Contacontos en Inglés: Proxecto Vexo Veo Xacobeo.

No proxecto Vexo Veo Xacobeo tamén participamos nun contacontos en inglés: Have a good hike Mike!

 

Contacontos Vexo Veo Xacobeo

No día de hoxe participamos no contacontos Vexo Veo Xacobeo. Actividade promovida polo Plan Proxecta da Consellería de Educación.

 

Proxecto:"A lenda da raíña Lupa. O Camiño da Pedronía"

O lema elixido neste curso 2021-2022 para as bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra"quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

"A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade" (Bibliotecas Escolares)

No CEIP de Pousada Carcacía escollemos este curso as lendas. Co proxecto"A lenda da raíña Lupa. O camiño da Pedronía" achegarémonos a algúns dos seres mitolóxicas da cultura galega. 

Coa raíña Lupa, tamén coñecida coma Pepa Loba, queremos visibilizar as mulleres relevantes da mitoloxía galega e da tradición xacobea.

Comezamos o proxecto coa selección de fondos para o profesorado coa idea de mergullarnos na "Galicia encantada"  tan ben recollida nos textos de Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Textos de cabeceira do profesorado para poder transmitir a maxia e o encantamento dos seres e dos lugares mitolóxicos ao noso alumnado.

Coa lenda da raíña Lupa achegarémonos aos seres e aos símbolos mais emblemáticos da tradición xacobea no Concello de Padrón e aos lugares míticos da nosa contorna máis próxima: o Castro Lupario, o Pico Sacro...

 

Presentación do libro 

polo autor

Presentación do libro

polos autores

   

O Mar no Camiño

Na biblioteca, este curso "viveiro da cidadanía", continuamos acollendo propostas moi diversas. Nesta ocasión,O Mar no Camiño" un obradoiro de difusión da cultura mariñeira galega nos centros escolares posto en marcha por Fundamar en colaboración con mimadriña.Un proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O conto da vieira Migueliña axudounos a coñecer aspectos moi diferentes do camiño de Santiago e logo por un momento fomos quen de imaxinarnos peregrinos en Carcacía, no concello de Padrón, facendo a última etapa do camiño portugués cara Compostela co noso gorro elaborado no obradoiro.

Agora teremos que agardar para visitar a exposición dos traballos realizados polos diferentes centros escolares participantes e poder ver a nosa pequena achega a este proxecto. 

So nos queda contaxiar ás familias do noso entusiasmo para facer un anaquiño da última etapa do camiño portugués.

     

 

Introdución á robótica na biblioteca

Comezamos a intoducir a robótica na biblioteca ademais doutras propostas que imos de maneira progresiva incorporando á biblioteca.

Os morcegos non dan medo

O 24 de outubro continuamos a xornada de celebración do Día das bibliotecas cunha actividade promovida pola Asociación Drosera para Estudo e Conservación do Medio  Natural.

Descubrimos moitos tipos de morcegos, os morcegos galegos, a súa alimentación...  pero o máis importante da actividade foi reafirmarnos na idea de respectar e coidar os morcegos pola súa importancia na dinámica dos ecosistemas e comprometernos a transmitir na nosa contorma máis próxima a necesidade da súa conservación.  

A idea de que os morcegos son unha especie vulnerable e bonita xa a tiñamos moi asumida pola nosa implicación emocional con Rufus. Por iso, depois de escoitar,ver, preguntar, aprender moitísimo sobre os morcegos , xogamos a morcegos e fomos quen de debuxar moitos tipos de morcegos diferentes de moitas cores que incorporamos á exposición dos libros relacionados coa celebración do Samaín e o Halloween. Celebracións nas que sempre aparecen representados os morcegos asociados ao terror.

Agora nós xa sabemos que os morcegos non dan medo!!! Por iso queremos agradecerlle a Asociación Drosera a divulgación do seu traballo na nosa escola e axudarnos a por en valor o noso patrimonio natural. Grazas!!!  

 

  

      

Librarie´s Day

Comezamos a celebración do día das bibliotecas xa dende a primeira sesión da xornada lectiva para  poder compartir este día co noso auxiliar de conversa. Coa lectura de  "Zog" en inglés continuamos avanzando no proxecto "Os dragóns e outros seres fantásticos".

Logo da lectura adicamos un tempo a mirar , ler, descubrir, compartir...e emocionarnos coa nova colección relacionada cos dragóns que incorporamos no día de hoxe á biblioteca escolar para festexar este día. Unha nova adquisición de títulos relacionados co proxecto deste curso cos que vimos de actualizar a nosa colección cos fondos PLAMBE. 

Pasou en xuño...

Concurso "Desde mi ventana"

Unha alumna de 1º de primaria do Ceip de Pousada Carcacía gañou un dos premios do concurso "Desde mi ventana" patrocinado por Cristalería Padronesa. Noraboa!

 

Planetario

O xoves 20 de xuño tivemos unha actividade moi especial, chegou ao noso cole un planetario móbil. Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos ca viaxe espacial que fixemos por todo o Sistema Solar.

 

Fin de curso

O último día de clase foi moi intenso e emotivo porque ademais das despedidas tivemos dúas actividades moi interesantes.

Un contacontos e a actuación musical de Héctor Lorenzo.

 

Pasou en abril...

O mes de abril deixounos para o recordo estas actividades:

 

Actuación do mago Benxamín

A ANPA do Ceip de Pousada Carcacía, ca colaboración da Deputación de A Coruña, agasallounos a actuación do mago Benxamín. Os nenos e nenas do colexio e as súas familias gozaron da ilusión da súa maxia na mañá do 10 de abril.

 

Visita do Coello de Pascua

O último día do segundo trimestre visitounos o Coello de Pascua. Deixounos chocolates para todos/as e o colexio cheo de pisadas que os nenos e nenas non se cansaron de investigar.


Día do libro. Recital de poesía.

Pinchando no seguinte enlace atoparedes imaxes do Día do libro.

A familias viñeron ao centro a recitar poemas cos seus fillos/as e a ensinarnos os debuxos e manualidades que fixeron de cada un.

Moitas grazas pola vosa colaboración, foi unha actividade moi fermosa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut