Skip to Content

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

No DOG do 14 de outubro vense de publicar  a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada pola Orde do 29 de abril de 2022.

A partires do luns 17 de outubro dita resolución dispón que as familias poden recoller o vale no centro educativo.

Plan Dixital

Plan Dixital

 

Logo da elaboración do Plan Dixital do centro no curso anterior xa estamos a dar os pasos necesarios para avanzar no plan de acción establecido para  este curso 2022-2023 .

Pódese consultar o Plan Dixital completo na ligazón que acompaña esta entrada.

 

 

 

COMEZO DO CURSO 2022-2023

Maña xoves 8 de setembro dará comezo o novo curso escolar.

A Consellería de Educación ven de publicar as "Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión do covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023"

Nestas instrucións fanse unha serie de recomendacións e recóllese que a máscara utilizarase no transporte escolar de acordo ao previsto  para o transporte con carácter xeral.

BO COMEZO DO CURSO

 

 

 

Contacontos do Vexo veo Xacobeo

VEXO VEO XACOBEO 21·22

Contacontos promovido polo programa educativo"Vexo, Veo, xacobeo"  para achegar ao alumnado ao significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19

Publicado o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2021-2022, versión 20-05-22.

Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 (versión 20-05-22)

Axudas para libros de texto e material escolar

Publicada a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O prazo de solicitudes rematará o 22 de xuño 2022 (incluido)

Contacontos: A lenda da Raíña Lupa

 

Interpretamos o gravado de Diego de Astor 1609 no que se representa a Traslatio co  Contacontos “A lenda da raíña Lupa” realizado pola artista plástica de Pedras e Artesanía cunha maqueta elaborada sobre tapete e personaxes de tea.

Mochilas Viaxeiras : O Camiño de Santiago

Neste curso estamos a participar no proxecto Vexo, Veo Xacobeo.

Nestes dous trimestres foron moitas as actividades e contidos traballados arredor da "Lenda da raíña Lupa. O Camiño da Pedronía" (tramo do camiño de Santiago a Padrón).

Neste momento, o alumnado xa está en disposición de transmitir e compartir coa comunidade educativa todas as aprendizaxes polo que convidamos ás familias a participar no descubrimento das mochilas vaxeiras "O camiño de Santiago"

Contido das mochilas:

  • 2 Contos do camiño: para escoitar, ler remirar,buscar...

  • 4 Tarxetas/vocabulario con diferentes representaciós de elementos do camiño: para ler, preguntar...o alumnado pode facer partícipe ás familias de todo o que aprendeu, das curiosidades...

  • 1 representación dun elemento significativo do Camiño Santiago: a mouteira/a cuncha/ a cabaza.

  • 1 pasatempos: buscar os elementos do camiño nunha ilustración

  • 1 mandala de cuncha de peregrino: para pintar,recortar e enviar ao cole para a nosa exposición.

  • 1 marcapáxinas:  para decorar e utilizar cos contos

  • 1 álbum de fotos: para recordar,compartir... as saídas, as actividades, a elaboración dos murais...

  • 1 caderno de visita: unha pequena libreta do camiño onde os membros da familia que participe nalgún momento lendo,escoitando,preguntando...poden deixarnos a súa sinatura, un comentario, unha dedicatoria...

A intencionalidade destas mochilas é contaxiar a nosa comunidade educativa do entusiasmo do alumnado co proxecto Vexo, Veo Xacobeo...

Bo camiño!!! 

 

Proxecto Vexo, Veo Xacobeo

Xa chegaron os materiais promocionais para o alumnado do Proxecto Vexo, Veo Xacobeo.

Xa temos o equipamento axeitado para participar na saída ao Pico Sacro que realizaremos no mes de xuño. Actividade coa que remateremos o proxecto " A lenda da raiña Lupa. O camiño da Predronía"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut