Skip to Content

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar do alumnado de primaria curso 2018/19

23/05/2018 00:00
22/06/2018 23:59

Dende o 22 de maio ata o 22 de xuño do 2018 permanecerá aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar do alumnado de primaria.

Como principal novidade as familias poderán facer a solicitude a través da internet:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Aqueles que o prefiran poderán entregar a solicitude presencialmente no centro:

Descarga aquí a solicitude

 

Accede a toda a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf

 

Celebración do "Día do libro"

Na celebración do Día do libro deste curso tivemos como actividade principal o convite ás familias para a lectura de contos no cole.

Durante a semana do 23 ao 27 de abril moitas familias achégaronse ao centro para lernos contos moi variados. Alí tiñamoslle preparado un recuncho moi especial no que grandes e pequenos gozaron dos contacontos.

Maletas viaxeiras proxecto "Os bebés"

 

As maletas viaxeiras comezaron a súa andaina !!! 

Logo de ter traballado no centro o proxecto "Os bebés" preparamos 2 maletas (unha para Ed. Infantil e outra para Ed. Primaria) con lecturas relacionadas  co tema, entre outras: "Mamá puso un huevo" "Un conto de cegoñas" "Mamá ti si que me entendes" "Baby pop" " Eu tamén son fonte"...   

Organizamos tandas para posibilitar que todo o alumnado do centro dispoña durante uns días da maleta na casa e así poder compartir na súa contorna familiar todas as aprendizaxes e descubrimentos que nos aportaron a lectura destes libros.

Son moitos os obxectivos que pretendemos coa posta en marcha das maletas viaxeiras relacionadas cos proxectos de centro: compartir descubrimentos e aprendizaxes , proporcionar ás familias recursos para abordar determinados temas, visibilizar na comunidade escolar o traballo que se está a facer dende a biblioteca do centro...  

Dada a boa acollida das maletas viaxeiras tanto por parte do alumnado (que agarda pacientemente o seu turno) como por parte das familias é moi probable que este recurso xa forme parte da dinámica de funcionamento da nosa biblioteca escolar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut