Skip to Content

Comezamos o proxecto

Logo de ter feita a selección bibliográfica para o profesorado comezamos a selección de fondos para o noso alumnado en relación as lendas, aos seres mitolóxicos, o camiño de Santiago...para levar adiante o proxecto deste curso "A lenda da raíña Lupa. O camiño da Pedronía"

Precisamos antes de coñecer a lenda da raíña Lupa, coñecer, comprender, investigar... sobre algúns símbolos,  conceptos... que nos poidan axudar a entender a tradición xacobea da Traslatio. Por iso imos  comezar polo símbolos que identifican aos peregrinos e do camiño de Santiago: bordóns, as cunchas, as mouteiras...

A escola estase enchendo de cabazas,cunchas...e xa comezaron a chegar os primeiros caxatos aportados polas familias xa que consideramos imprescindible implicar a nosa comunidade educativa neste proxecto.

 



page | by Dr. Radut