2022-2023. Cincocentas millas. Five hundred miles
Enviado por ceippio12 o Sáb, 2023-03-11 14:18
|
|
Educación Física
Recreos saudables
"Cincocentas millas. Five hundred miles"
”Five hundred miles” (Cincocentas millas) é o título da canción interpretada por Peter, Paul & Mary que vai dar nome ao noso reto colectivo. O reto vai consistir en cubrir esa distancia andando en equipos de cinco alumnas e alumnos arredor do edificio escolar nun percorrido de 322m por volta. Tendo en conta que cinco voltas equivalerían aproximadamente a unha milla (1609m), cada volta realizada por un equipo completo vai equivaler tamén á mesma distancia. Durante o percorrido cada equipo portará un testemuño que entregará ao seguinte equipo unha vez realizada a volta, selando no seu carné do reto a etapa realizada. Requírese a participación de todo o alumnado, desde 3º a 6ºEP para cumprir o reto.
Animádevos.
|
|
|
|