19-20. Actividades. Igualdade


 

Conferencia: "O cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo STEM co xénero masculino"

Eva Cernadas. Profesora da USC.


A súa investigación xira ao redor do recoñecemento de patróns en imaxes e a visión por computador: segmentación de imaxes, análise de texturas, recoñecemento de formas, transformacións en imaxes, análise de imaxes en cor. Fixo contribucións nos seguintes ámbitos de aplicación: 1) medicina mediante a análise de imaxe radiolóxica; 2) tecnoloxía dos alimentos; 3) xestión de recursos mariños mediante a análise automática de imaxes histolóxicas de ovarios de peixes para a estimación da súa fecundidade; e 4) robótica.

  • Alumnado de 5º e 6º de EP. 6 de marzo.
   
   

Entrega do II premio de relato sobre o Día Internacional da Muller"


O Equipo de igualdade do centro convocou por segundo ano  o Premio de relato sobre o Día Internacional da Muller no que pode participar todo o alumnado de 5º e 6º de EP.

O premio entregarase o día 6 de marzo no acto da Conferencia impartida pola profesora da USC Eva Cernadas.

 

   

    Afouteza

Con este substantivo feminino, as alumnas do Club de Ciencia dan título ao cartel co que se preséntan á convocatoria do III Concurso de carteis del 8 de marzo de 2020 promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación.
Afouteza como recolle o diccionario da RAG é a disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades, así como a seguridade que alguén ten en si mesmo.
Logo de traballar coas leis de Newton no 1º trimestre, reformulamos a segunda en feminista. A nosa Forza será ser Muller e Afouteza.

   

 

OS BOLECHAS POLA IGUADADE. 18 DE DECEMBRO

Cidade da Cultura


'Os Bolechas pola igualdade' é unha campaña dirixida a romper coa fenda de xénero desde as idades máis temperás. A iniciativa, enfocada a nenas e nenos de primeiro a terceiro de primaria, levarase a cabo en colexios a través dun libro dos Bolechas, unha unidade didáctica e un caderno para traballar estos temas co alumnado.

Participamos na presentación da campaña o día 18 de decembro na Cidade da Cultura.

  • Alumnado de 1º e 3º de EP.

RTVG_20191812. Os bolechas pola igualdade

   

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

ACTO EN CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

Praza do Obradoiro


Os textos elaborados polas alumnas de 5º B, Claudia Mata Martínez e Emma Sánchez Novás, formarán parte das lecturas seleccionadas que realizarán alumnas e alumnos de distintos centros de Santiago na Praza do Obradoiro o 25 de novembro con motivo do día Internacional contra a Violencia de xénero.

  • 25 de novembro. Praza do Obradoiro. Alumnado de 5ºB.
 

 

EXPOSICIÓN "FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

Federación Galega de ANPAS. Compostela


 

Do 4 ao 15 de novembro. CEIP Pío XII