21-22. Actividades. Igualdade


 

8 de marzo. O Día Internacional da Muller


Orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora e conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Festa recoñecida nalgúns países, tradicionalmente neste día grupos e asociacións de mulleres preparan manifestacións por todo o mundo para facer ver as súas reinvindicacións de mellora das condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

   
         
 

A vida da muller a medidados do século XX e a súa participación na ciencia.

María José Pérez Mariño


Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1970. Así mesmo, realizou cursos de doutoramento e de competencia investigadora na Universidade de Vigo e dedicouse á formación de formadores en Didáctica das Ciencias Experimentais.
É autora de Terra e Xente, o primeiro libro de texto publicado en galego para educación primaria, dentro da área de Ciencias Sociais. Tamén escribiu numerosos artigos en revistas educativas.

 

  • Alumnado de 6º de EP. 04 de marzo.