Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Colecamiños
PULSEIRAS COLECAMIÑOS O Concello de Santiago de Compostela en colaboración co comercio de Compostela quere reforzar a participación no programa Colecamiños - Camiño Escolar Seguro e premiar os escolares que realicen unha mobilidade responsable e sustentable para acudir cada día con Moito Olliño aos seus respectivos centros escolares.
A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos
|
||
|
||
QUE SON OS COLECAMIÑOS O CEIP Pío XII será o primeiro colexio no que se poña en marcha esta experiencia, que xa funciona con éxito en moitos países europeos, e en cidades máis próximas como Pontevedra. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns. Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos. |
||
|
||
Premios RACE Os Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria, organizados por RACE e Goodyear, teñen o obxectivo de aumentar a concienciación sobre a seguridade infantil no tráfico, convidando a desenvolver vídeos-curtametraxes de educación viaria aos case 3 millóns de escolares de Educación Primaria de toda España, repartidos en case 14.000 centros educativos.
|
||
|
||
Martín Rosende Piñeiro creador de Moito Olliño A imaxe desta campaña, o boneco Moito Olliño, foi seleccionada nun concurso de debuxo entre os escolares, no que resultou gañador Martín Rosende Piñeiro. A imaxinación de Martín e a creatividade da deseñadora gráfica María Pereiró, conxugaronse para dar unha mascota a este proxecto. |