Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Festival Fin de Curso

O mércores 21 de xuño teremos o Festival, no que despediremos o curso e ao que estades todos convidados/as. 

Horario: comezaremos aproximadamente sobre ás 10:00h. e rematará arredor das 12:00h.  Lugar: A Carballeira 

 

O festival estará guiado polo alumnado de 6º de primaria, que serán os protagonistas desta xornada chea de actuacións. 

  

ORDE

CURSO

ACTUACIÓN

Educación Infantil

Mix: A saia da Carolina, Na Beira e Terra

1º e 4º EP

A Rianxeira

2º e 5º EP

O Galo

Muñeira

Coro

Sancristán

Canción e baile

Unha vez rematado o Festifolk e as familias abandonen o recinto, o alumnado, gozará dunha merenda saudable enmarcada no proxecto do Contrato-Programa Saúde e da actuación do Mago Rei Midas enmarcada no proxecto do Contrato-Programa Iguála-t.

O colexio colgará as fotografías do festival na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/ dado que temos autorizaicón. Lembrade que non podedes publicar fotos doutros nenos e nenas pola lei de protección de datos, especialmente sensible cos menores de idade.

  

"Escola de mulleres" de Inma López Silva

O venres 9 de xuño foi a  habitual e última xuntanza do curso dos clubs de lectura do CPI Manuel Suárez Marquier, do IES Antón Alonso Ríos e o "Chocolate con libros" do CEIP Pintor Antonio Fernández .

A cita, na  biblioteca do noso cole.

A autora convidada, Inma López Silva con quen pasamos unha agradabilísima sesión falando da súa "Escola de mulleres".

Mulleres na biblioteca do cole falando doutra muller, Gloria.

Que teñades moi boas lecturas e ata o vindeiro curso!!!!!

 

 

Lectura e Familias

Lendas na Lareira

Trotamundos trouxonos unhas lendas da zona de Goian que espertou a curiosidade dos espectadores... " A señora da Torre",  "Santacompaña"....

 

 

  

Mais tarde, divertímonos con xogos tradicionais... 

 Moitas grazas por participar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano tivemos a gran sorte de poder colaborar coa banda de música de Goián, o coro escolar do centro acompañou as pezas da banda con tres cancións que ensaiaron coas mestras de música nas horas de ler. A actuación tivo lugar na praza do Seixo o pasado 17 de maio para celebrar o día das Letras Galegas. Grande o traballo que fixeron conxuntamente. Aquí vos queda un anaquiño das pezas que soaron. 

Contacontos da Lareira

Novas na bibioteca!!!

Trotamundos, a mascota da biblioteca, convídavos a vir á 2ª sesión de Contacontos da Lareira, que versará sobre as "Lendas de Goián", destinada a familias xunto co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Será o 29 de maio, ás 17:15h. Animádevos a vir, ao rematar haberá xogos tradicionais e de auga!!!

 

OS MAIOS

Xa chegou unha nova estación e para darlle a benvida á Primavera elaboramos uns maios e cantamos unha copla relacionada coa temática do proxecto anual. 

 

Grazas pola acollida

Este xoves 27 de abril inaugurouse a lareira da biblioteca enmarcada no proxecto "Lecturas e Familias" cun conto adicado a educación infanti e primeiro ciclo de primaria.  Queremos darvos as grazas por a boísima acollida que tivo. Esperamos contar con vos nas vindeiras sesións.

 

 

 

 

 Unha aperta do lobo.

Troco Solidario

Grazas a todos e todas ás persoas que puidestedes pasar polo posto do colexio para trocar alimentos por libros. Todo o recaudado será recollido pola asociación SOS Tomiño.

Aquí queda un pequeno vídeo dos días que estivemos na praza 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut