Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Mulleres que fixeron historia

Para conmemorar o Día da Muller fixemos unha selección de mulleres do ámbito da saúde e o benestar. Cada aula coñeceu un pouquiño da súa biografía para posteriormente grabala en audio. Finalmente o equipo Tics realizou a montaxe do vídeo quedando unha historia acumulativa de "Mulleres que fixeron historia".  

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO


PROCEDEMENTO

Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:

⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 

 


DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
Nota informativa para as familias.
   

Datas Admisión de alumnado

Estimadas familias:

 

Informamos que o 22 de febreiro publicouse a listaxe do alumnado con posto reservado.

 

Asi mesmo, tamén recordamos que, se desexan renunciar a un posto reservado será necesario ter presentado un escrito de renuncia no centro docente ata o día  28 de febreiro de 2023 inclusive. 

 

Informamos que as solicitudes presentadas para 1º de primaria no período de reserva para o curso 23/24 quedan todas ADMITIDAS.

 

A partires do 1 de marzo e ata o 20 de marzo ábrese o prazo de admisión para o vindeiro curso 23/24.

 

VACANTES

 

Curso Prazas por curso Permanencias Nº Solicitudes reserva Nº solicitudes reserva asignadas Vacantes
4º Infantil 25 0 0 0 25
5º Infantil 25 15 0 0 10
6º Infantil 25 9 0 0 16
1º Primaria 25 10 4 4 11
2º Primaria 25 15 0 0 10
3º Primaria 25 21 0 0 4
4º Primaria  25 18 0 0 7
5º Primaria 25 17 0 0 8
6º Primaria 25 20 0 0 5

 

Na aula de 4º de Infantil e en 1º de Educación primaria quedan reservadas 3 prazas para alumnado con necesidades educativas 

 

 

 

 

Verbalizando a Rosalía

Para homenaxear a Rosalía de Castro entre todo o profesorado e alumnado empregamos o poema Adiós ríos, adiós fontes para crear este fermoso vídeo.

 Rosalía de Castro, la dama de la literatura gallega

 

 

Entroido

Comezamos o día rematando os últimos retoques para saír a rúa, fixemos o percorrido previsto ata voltar a escola.

 
Unha vez alí, a AFA convidou a todo o alumnado e profesorado a chocolate quente con bizcoito. Mil grazas.
 
  
 
 
 
 
  
 
 
 
Deserxarvos dende todo o equipo do CEIP Pintor Antonio Fernández que vivades e desfrutedes do Entroido ao máximo. Vémonos a volta.
 
 
 

Homenaxe ao pintor Antonio Fernández

Coincidindo co 141 aniversario do nacemento do pintor,  no colexio inauguramos a exposición "Cos ollos do pintor".  Para elo, comezamos con visitas guiadas polo alumnado de terceiro ciclo (5º e 6º de primaria) á aula-museo do pintor Antonio Fernández para así coñecer un chisco da súa vida, dos seus comezos....

Posteriormente o alumnado creou reproducións que elas e eles mesmos fixeron nas aulas dalgúns dos cadros do artista goianés. Tendo como resultado a exposición que poderedes ver na entrada do edificio de primaria.

Organizado pola Asociación Cultural Antonio Fernández, é un xeito de espertar entre o alumnado a curiosidade pola figura do autor e convertelos en futuros e futuras artistas.

Nesta inauguración acompañáronnos membros de dita asociación así como representantes do Concello. Quédavos un pequeno vídeo con algunha imaxe de todo o proceso. 

 

 
Grazas a todo o profesorado polo esforzo para facer esta exposición posible, e, en especial ao alumnado de terceiro ciclo por facernos a visita ao resto de alumnado e profesorado.

PORTAS ABERTAS

EXTRA, EXTRA!!!!

Unha renovada PASADIÑA, a revista do cole, está aquí. Despois dun tempo volve a nosa revista. Disfrutade dela!!!!

Non vén soa. A primeira Pasadiña da historia tamén ten un oco e, a pouquiños, virán todas as demais para facer as delicias de todos e todas nós. Un especial recordo a todas as persoas que participaron nas disitntas edicións dende as profes Josefina, Ángeles e Loli que coordinaron, en distintos momentos, a súa confección ata todo o alumnado dende o ano 89!!!!! Atoparédela no menú da BIBLIOTECA en EDICIÓNS ANTERIORES de A Pasadiña.

Xa estamos a preparar o seguinte número!!!!!

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut