extraescolares

FESTA DE NADAL

Para rematar o primeiro trimestre do curso, celebramos unha festa de Nadal. O alumnado de Ed. infantil e 1º de Ed. Primaria desfrutaron dun espectáculo de títeres: "O Nadal na Fraga" de Títeres Cascanueces e os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria cantaron e bailaron coa discoteca móbil Animus.

 

MAGOSTO 2022

O pasado xoves, 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos cunha xornada de xogos: zancos, rá, a pita cega, aros, bolos, carreiras con castañas...O alumnado de sexto colaboraron como monitores e as distintas aulas rotaban nos xogos. Foi un día de diversión para os nenos e as nenas do centro. Para rematar o día, degustamos unhas ricas castañas asadas (actividade en colaboración coa ANPA).

Velaquí tedes o acontecido, preme na seguinte imaxe.

OBRADOIRO MUNDO BICHOS

Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.

 

OBRADOIRO XOGOS DO MUNDO

O venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos desfrutou dunha actividade enriquecedora de carácter lúdico. O equipo de extraescolares, en colaboración co concello e Os Biosbardos organizaron a xornada. Se premes na imaxe, terás acceso a Galería da Web.

PAKOLAS

No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole,  a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita".

Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web.

Powered by Drupal - Design by artinet