O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!
Obradoiro impartido por Lupe Blanco para o alumnado de sexto de Primaria.
O obxectivo principal foi a difusión da improvisación oral en galego a través das regueifas contribuíndo deste xeito á promoción do uso da Lingua Galega.
O mércores 7 de abril o alumnado de quinto e sexto participou na visita en liña ao corazón do Salón Teatro do Centro Dramático Galego. Con anterioridade traballamos nas aulas a unidade didáctica "Das musas ao teatro". Na visita virtual os alumn@s visualizaron as partes dun teatro e as profesións vinculadas ao mesmo. Resultou unha experiencia motivadora e fascinante.
Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.
O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da Muller co lema "Mulleres Líderes nas Artes" en consonancia co PDI "Emocionarte con Tilandra".
Coas actividades desenvolvidas poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.
Co gallo do" Día de Rosalía" e tendo como referente as verbas que María Mayoral adicou a Rosalía" El Ruiseñor de la Poesía Gallega", deseñamos diversas actividades tendo presente a musicalidade da poesía da autora relacionada co PDI "EmocionArte con Tilandra".
Partindo de que a Música e a Poesía son ARTE, cada curso representou nunha nota musical, unha Poesía de Rosalía e buscamos algunha relación con diferentes obras de arte (pintura). Unha vez plasmado nas notas, colocáronse nun pentagrama para decorar o mural.
As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias.
GRAZAS FAMILIAS!
Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación.
Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos.
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 7 anos 20 semanas |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 6 anos 26 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 6 anos 26 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 6 anos 26 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 6 anos 26 semanas |