Novembro 2023

EXPERIENCIAS CIENTÍFICAS

Novembro é o mes adicado á ciencia en galego. Con tal motivo, no colexio dos Tilos desenvolvemos distintas actividades, onde o alumnado tomou contacto con varios procesos na elaboración de diversas experiencias científicas. Estas actividades son moi enriquecedoras para que as nenas e os nenos en idades temperás, esperten a curiosidade polo mundo da ciencia. 

O alumnado de 3º E.P. investigou sobre a elaboración do iogur e do queixo.

 
O alumnado de cuarto de E.P. levou adiante experimentos moi simpáticos. 
 
 
 As rapazas de sexto prepararon unha explosión dun volcán que botaba lava de cores.
 
Os nenos e as nenas de segundo de Ed. Primaria, dobraron ósos e modificaron cores.
 

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas".  O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. 

 
 
 
O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
 

RAP 25-N

As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero.

Powered by Drupal - Design by artinet