PDI: Tilandra no camiño

fIN DE CURSO

Para rematar o curso, no colexio realizamos distintas actividades:

-En relación ao proxecto deste curso "Tilandra no Camiño", tivemos unha visita dun músico que nos introduciu na música do Camiño. A  través das súas pezas musicais, o alumnado familiarizouse cun instrumento medieval: a zanfona; e con historias contadas oralmente, que viaxaban a través das cantigas  da època.

Letras galegas 2022

Cada 17 de maio, conmemoramos O Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Florencio Delgado Gurriarán. Poeta que naceu en Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense. Polo traballo do seu pai viaxou pola xeografía española, pero sempre que podía voltaba a súa aldea. Despois da Guerra Civil Española. exiliouse en México, país onde desenvolveu unha intensa actividade en prol da cultura e lingua galega.

Ao longo do mes de maio, realizaremos distintas actividades para homenaxear ao autor das nosas letras.

 

BAILE DAS LETRAS

Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación  Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.

VISITA DE TONHO ALVES. GUÍA OFICIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO

"NO TODOS PUEDEN CAMINARLO, PERO NADIE QUE LO CAMINE PODRÁ OLVIDARLO",

Este é o lema de Tonho Alves, Guía Oficial do Camiño de Santiago que o día 3 de maio veu a visitarnos ao colexio para achegarlles a súa paixón como peregrino a todo@s os alumn@s dende infantil a primaria.

Tonho fixo do Camiño o seu estilo de vida, por iso quixo transmitir e compartir con tod@s nós ese sentir peregrino.

"Quen non o viviu non pode ensinar a percorrelo"

Visita Paco Barreiro

O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de  "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa.

Día do libro

Hoxe luns 25 de abril, celebramos no colexio O Día do libro. Programamos distintas actividades para o alumnado nesta semana. 

-Lectura na carballeira co apadriñamento de lectores.

Foi un día de encontro entre o alumnado maior do colexio e os pequerrechiños. Por fin de novo a lectura na carballeira co apadriñamento de lectores. O tempo acompañounos e o alumnado desfrutou dunha hora de lecer, compartindo a lectura cos máis cativos.

OBRADOIRO XOGOS DO MUNDO

O venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos desfrutou dunha actividade enriquecedora de carácter lúdico. O equipo de extraescolares, en colaboración co concello e Os Biosbardos organizaron a xornada. Se premes na imaxe, terás acceso a Galería da Web.

Entrevistas peregrinas

 
 
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago.

1 de abril. Día das Artes Galegas

Laxeiro é o protagonista do Día das Artes Galegas 2022. Foi unha destacada figura da cultura galega do século XX.

José Otero Abeledo (Lalín, 1908 - Vigo, 1996)

Pintor que soupo absorber a cultura popular galega e transformala nunha obra innovadora que perfeccionou ao longo dos anos.

Dende o centro, coa colaboración dos equipos de biblioteca, dinamización da lingua galega e plurilingüismo elaboramos unha montaxe dun cadro do pintor. 

Maleta viaxeira do Camiño de Santiago

Ao longo do mes de Abril, contamos coa maleta viaxeira de Bibliotecas Escolares coa temática do Camiño de Santiago. Atopamos libros moi interesantes para afondar no PDI que abordamos neste curso.

Powered by Drupal - Design by artinet