Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL

O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo".

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

FASE DE ADMISIÓN

 

Prazo: O prazo de solicitude abranguerá do 1 ao 20 de marzo do 2024, ambos incluídos.

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

 

   Aplicación admisión alumnado: Pulse AQUÍ

 

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

   Descarga de formulario de admisión: AQUÍ

 

MOI IMPORTANTE: Tanto na presentación presencial da solicitude no centro, como na presentación pola Sede Electrónica da Xunta de Galicia, debe achegar o anexo II-bis debidamente asinado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, E CONSENTIMENTO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA ).

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR A COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas, de ser o caso.

 

 

Resultado do sorteo público anual do nº para resolver os empates no procedemento de admisión AQUÍ

 

 

 

 POSTOS ESCOLARES VACANTES:

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO

Vacantes ofertadas

Reserva de postos escolares para alumnado con n.e.a.e.

4º Educación infantil (3 anos)

40

6

5º Educación infantil (4 anos)

0

0

6º Educación infantil (5 anos)

2

0

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO

Vacantes ofertadas

Reserva de postos escolares para alumnado con n.e.a.e.

1º Educación primaria

11

4

2º Educación primaria

13

0

3º Educación primaria

3

0

4º Educación primaria

8

0

5º Educación primaria

10

0

6º Educación primaria

10

0

 

 

 

 

CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN

DATA SORTEO PÚBLICO PARA OS EFECTOS DE DESEMPATE

A última semana do mes de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo

PUBLICACIÓN POSTOS ESCOLARES VACANTES

Antes do 1 de marzo

PRAZO SOLICITUDES DE ADMISIÓN

1 a 20 de marzo

PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA BAREMO

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

25 de abril

RECLAMACIÓNS LISTAXES PROVISIONAIS

5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

LISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

20 a 30 de xuño

VISITA Á BIBLIOTECA DOS TILOS

O alumnado de primeiro e segundo de Ed. Primaria do colexio, visitou a biblioteca dos Tilos.

Rosalía 2024 #oamorapatriagalega

Cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. O lema deste curso da AELG foi #oamordapatriagalega. Os nenos e as nenas do colexio, representaron con debuxos unhas estrofas que forman parte do libro "Cantares Gallegos". Asemade en Radio Tilandra o alumnado de 1º de educación primaria, gravou os versos que acompañan os debuxos. Para que o alumnado tivese un recordo deste día, elaboramos unha chapa coa axuda do grupo de traballo de polos creativos. Previamente convocamos un concurso para elexir a ilutración da chapa.

 

Recitando a Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía, os nenos e as nenas de cuarto de primaria, visitaron Tilandra nas Ondas para recitar o poema "Adios ríos, adios fontes" .

 

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía. 

OS XENERAIS DOS TILOS

Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos  de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade. 

 

A HISTORIA EN FEMININO

O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico.  Participou  o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.

 

 

CATA DE QUEIXO

O alumnado de 2º de educación primaria, participou nunha cata de queixos e produtos lácteos, co selo de Galicia Calidade, da man da catadora Salomé Beiroa, e acompañados polas súas mestras-titoras.

Esta iniciativa que se presentou hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos e que se extenderá a outros centros do concello, foi inaugurada pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez acompañadas da concelleira de educación María Vazquez.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O alumnado de quinto e sexto de primaria, recibiu a visita de Paula López, directora adxunta do CITIUS. A misión do CITIUS é a mellora da sociedade a través das tecnoloxías intelixentes. A charla ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres que traballan no mundo da ciencia. Paula explicoulles, en que consiste o traballo do CITIUS e en particular o dela. 

Moitas grazas pola visita!

Distribuir contido