Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Curso 2023-2024

.

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, conmemoramos o Día da Poesía. Relacionando a data co proxecto deste curso "Espallando saberes", decidimos visitar a Tilandra nas ondas para gravar poemas da nosa terra. Cada aula elixiu un escritor ou escritora de poesía en lingua galega, investigaron sobre a súa biografía e elaboraron un podcast. O alumnado gravou poemas de Luisa Villalta, Letras Galegas 2024; Rosalía Morlán, que acode aos colexios a ler poemas; Manuel María, Letras Galegas 2016; Antonio García Teijeiro, dedicado principalmente a literatura infantil e xuvenil; Ana María Fernández, Premio Lazarillo 2001 e Xela Arias, Letras Galegas 2021.

 

Día internacional da Radio

Co gallo do Día Internacional da Radio, o alumnado de quinto de educación primaria elaborou un podcast coa temática: cancións coa palabra radio. O primeiro paso foi repartir as tarefas. Un grupo dedicouse a pesquisa de cancións onde aparece a palabra radio. Outros prepararon a parte da historia, a introdución e a despedida. E todos aprenderon a manexar o audacity, cortaron e gravaron as cancións para transformalas en mp3, para poder gravar o podcast.

Recitando a Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía, os nenos e as nenas de cuarto de primaria, visitaron Tilandra nas Ondas para recitar o poema "Adios ríos, adios fontes" .

 

Refraneiro Tileiro

Este curso co proxecto "Espallando Saberes" , queremos afondar nas tradicións e os costumes do noso pobo. A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento, así que, xa que estamos no outono e temos un amplo abano de refráns, decidimos elaborar un Refraneiro Tileiro. Gravamos un podcast en Tilandra nas ondas. Preparádevos para escoitalo saboreando, unhas ricas castañas.

 

Entrevista

Podcast Presentación do proxecto: Espallando saberes

O alumnado de quinto de educación primaria, leva un tempo preparando o Podcast que inagura o comezo do proxecto deste curso 2023-2024. Traballaron moito na elaboración do guión e trataron de facer un resumo sobre os diferentes temas  nos que podedes indagar, para coñecer mellor a nosa comunidade. Esperamos que vos guste, xa que estiveron moi ilusionados, por gravar este primeiro programa de radio.

Distribuir contido