PDI: Diferentemente iguais

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2023

Un ano máis chegamos ao final do curso, e para que non vos esquezades de ler, compartimos con vós as recomendacións lectoras de VERÁN!

 

O MISTERIO DAS LETRIS DESAPARECIDAS

O alumnado de 2ºA, inventou e ilustrou o conto " O misterio das Letris desaparecidas". Desfrutaron moitísimo inventando este conto porque son uns e unhas pequen@s escritor@s!!!

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023. XINCANA DAS LETRAS

O luns 15 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. Elaboramos unha xincana con dúas temáticas principais:

- Traballo final do PDI:" Diferentemente Iguais"

- Conmemoración do escritor elixido pola Real Academia Galega no ano 2023: Francisco Fernández del Riego.

XORNADA OBRAABERTO

O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas.

CONCERTO NO CGAC DE ODAIKO

O pasado martes 16 de maio, o alumnado de 2º e 3º de educación primaria, asistiu a un concerto de ODAIKO no CGAC. As nenas e nenos, desfrutaron moito da orixinal percusión deste fantástico grupo.  Así, como dos seus xogos dos que fixeron partícipes a todo o público.

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

Visita teatral

O pasado 12 de abril visitounos Vicky da compañía de teatro "Pérez y Fernández". Con ela fixemos un obradoiro de teatro sobre o libro "Agu Trop" da Editorial Santillana que lemos na clase. 

Gustounnos moito e pasámolo moi ben!

Powered by Drupal - Design by artinet