PDI: EmocionArte con Tilandra

O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril)

 

O venres 23 de Abril celebramos  o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura.  Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.

 

Recomendacións lectoras para o Día do libro

O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!

 

 

Regueifando con Tilandra

Obradoiro impartido por Lupe Blanco para o alumnado de sexto de Primaria.

O obxectivo principal foi a difusión da improvisación oral en galego a través das regueifas contribuíndo deste xeito á promoción do uso da Lingua Galega.

 

VISITA AO CORAZÓN DO SALÓN TEATRO

O mércores 7 de abril o alumnado de quinto e sexto participou na visita en liña ao corazón do Salón Teatro do Centro Dramático Galego. Con anterioridade traballamos nas aulas a unidade didáctica "Das musas ao teatro". Na visita virtual os alumn@s visualizaron as partes dun teatro e as profesións vinculadas ao mesmo. Resultou unha experiencia motivadora e fascinante.

21 de marzo. Día da Poesía

Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.

8 de marzo. Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da  Muller co lema "Mulleres Líderes  nas  Artes" en consonancia co PDI  "Emocionarte con Tilandra".

 Coas actividades desenvolvidas  poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.

24 de Febreiro. Día de Rosalía.

Co gallo do" Día de Rosalía" e tendo como referente as verbas que María Mayoral adicou a  Rosalía" El Ruiseñor de la Poesía Gallega", deseñamos diversas actividades tendo presente a musicalidade  da poesía da autora relacionada co PDI "EmocionArte con Tilandra".

Partindo de que a Música e a Poesía son ARTE, cada curso representou nunha nota musical, unha Poesía de Rosalía e buscamos algunha relación con diferentes obras de arte (pintura). Unha vez plasmado nas notas, colocáronse nun pentagrama para decorar o mural.

Entroido en familia

 

As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias.

GRAZAS FAMILIAS!

ENTROIDO 2021

 

Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación.

MANDATOS DE TILANDRA

Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos  a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos.

Powered by Drupal - Design by artinet