Están publicadas no taboleiro do centro as listas definitivas de admitidos e de reserva ao comedor.
O alumnado que presente algunha alerxia ou intolerancia alimentaria, debe presentar neste curso académico, o correspondente informe médico.
Prazo para entregar informes médicos: Ata o 06/09/2024.
Todo o alumnado debe presentar tamén o documento para cubrir os días de asistencia ao comedor (Días comedor).
Todo o alumnado deberá entregar o anexo II (autodeclaración) cuberto e asinado (ANEXO II).
O alumnado ao que lle corresponda efectuar o pago do comedor, deberá entregar a orde de domiciliación (Orde domiciliación).
Prazo para entregar a documentación: Ata o 11/09/2024.