Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

3º Curso

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O alumnado de terceiro de primaria, recibiu a visita do escritor Héctor Cajaraville. Compartiron a experiencia de ler un dos seus libros "Quen dá a quenda".

 

OS VULCANÓLOGOS DE 3º

Na clase de Ciencias Naturais, os nenos-as de 3º recrearon o funcionamento  dunvolcán  en  erupción.

Para o desenvolvemento da  actividade construiron  nas aulas os volcáns con distintos materiais.  Estudaron as partes e o seu funcionamento. Posteriormente amosáronllelo ao alumnado de 1º e 4º de E.P.

SUPERZORRO

O alumnado de 3º de E.P. participou nunha  animada e divertida  representación do libro Superzorro.  Eles foron por un día Benito, Buñuelo e Bufón  argallando un plan malvado para sacar a Superzorro da súa guarida.

Todos amosaron imaxinación,fantasía e grandes doses de humor coa animación.

CORRE CORRE CABACIÑA

Os nenos e nenas de terceiro de Ed. Primaria, dentro da actividade "Contos de outono", prepararon un conto teatralizado do libro "Corre, corre cabaciña". Ao resto do alumnado do colexio encantoulles, desfrutaron duns minutos moi divertidos. 

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

 

VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ

O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards

Distribuir contido