Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Curso 2022-2023

Curso 2022-2023

PROPOSTA SEMANAL 6º B: OS DEPORTES

PROPOSTA SEMANAL 6º B: A MÚSICA

5º A le a Eloy Moreno

Dentro da conmemoración do Día do Libro, os nen@s de quinto A de educación primaria, elaboraron un Podcast sobre uns contos de Eloy Moreno. 

 

 

CONTO DE 1º A: SON O MELLOR

As nenas e nenos de 1º A escolleron un conto de Lucy Cousins para lernos na radio: "SON O MELLOR". 

Agardamos que vos guste!

 

Recomendacións lectoras

O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

VISITA DE IRIA MISA

Os nenos e nenas de sexto de educación primaria, no segundo trimestre lemos os libro: "Mamá quero ser Ziggy Stardust. O pasado 24 de abril tivemos a sorte de contar coa visita da súa autora, Iria Misa, que nos expliou como foi o proceso de elaborar ese libro, as súas inspiracións, etc. Ademáis, aproveitamos e Lola e Celia fixéronlle  unha entrevista para Tilandra nas Ondas.

Grazas por todo, Iria!

 

21 de marzo. Día da poesía

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía. A UNESCO adoptou por primeira vez a celebración desta data, na súa 30 Conferencia Xeral en París no ano 1999. O obxectivo principal era apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilidade de aquelas linguas que se atopan en perigo. Hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos, o alumnado desfrutou moitísimo gravando na radio uns podcast con poemas. Para algúns era a primeira vez, os rostros reflectían gran emoción e nerviosismo. Unha experiencia inesquecible.

Ao longo deste días colgaremos o podcast .

Velaquí tedes algunhas imaxes do acontecido.

Distribuir contido