Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
DÍA DA PAZ 2022 |
Coa celebración do Día Escolar da Non -Violencia e a Paz, queremos promover entre o noso alumnado os ideais de Paz para avanzar cara unha sociedade máis xusta e construir un futuro mellor. Comecemos sendo cordiais entre todos nós: dar os bos días ás persoas coas que nos cruzamos, regalar sorrisos en vez de malas caras ou ensinar a dar as grazas son pequenos xestos que favorecen a convivencia e a resolución de conflictos. |
PAKOLAS |
No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole, a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita". Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web. |
CONVIVENCIAS NO CEIP OS TILOS |
O pasado día 3 de maio recibimos aos compañeiros/as de Calo e A Ramallosa para celebrar a terceira xornada de convivencias escolares deste curso. A xornada desenvolveuse nas pistas do parque de Os Tilos, na pista do patio de recreo do colexio e no ximnasio. Realizamos diferentes actividades deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto e brilé. Os alumnos/as disfrutaron doutra xornada lúdica que se vai completar no mes de xuño coa acampada . Pincha na imaxe pare ver fotografías deste día. |
Letras Galegas: o escritor Xosé Antonio Perozo descúbrenos a figura de Mª Victoria Moreno |
Seguindo coas actividades dedicadas á autora Mª Victoria Moreno o día 25 de maio o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita do xornalista e escritor Xosé Antonio Perozo. Xosé A. Perozo foi amigo da autora homenaxeada polo que a través das súas palabras e lembranzas poidemos descubrir moitas cousas sobre a vida desta autora.
|
GALICREQUES 2019 |
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil asistiron á representación da obra de monicreques "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". |
A MATERIA EN ESTADO PURO |
A escola constitúe un dos principais escenarios educativos para desenvolver actividades saudables dado que se traballa con alumnos/as que se atopan en período de formación física,psíquica e social que posúen una gran capacidade para a aprendizaxe e asimilación de hábitos. Traballar a educación para a saúde é de vital importancia dende a infancia, por esta razón ao longo deste curso en todos os niveis educativos , (a través das actividades propostas dende a biblioteca e os distintos equipos), fomentouse o desenvolvemento saudable de todo o corpo , poñendo especial atención nos órganos imprescindibles para a actividade física (corazón, pulmóns, músculos e ósos que fan que o organismo realice a súa actividade de maneira satisfactoria). Por outra banda, tamén lles ensinamos (coa axuda das familias) a saber realizar hábitos alimenticios saudables, consumo de froitas e verduras, orixe dos alimentos, beneficios da actividade física e tomar conciencia do valor dos alimentos como recurso esencial e indispensable para a vida. Cabe destacar a participación na actividade de merendas saudables ao longo do curso. Traballamos de xeito globalizado coas distintas áreas do nivel, de ahí o coidado do medio medioambiente dado que é de vital importancia para a saúde: o estudo das abellas co “rico mel de Tilandra”.A modo de resumo, acadáronse os obxectivos propostos e as actividades resultaron motivadoras para o alumnado. Na exposición dos traballos do alumnos-as, pódese ver unha pequeña escolma das actividades desenvolvidas ao longo do curso.
|
OS AMORODOS DE 5 ANOS |
O alumnado de 5 anos durante o curso 2018/19 estivo a investigar sobre os ALIMENTOS (pirámide alimenticia, grupos de alimentos, propiedades nutricionais de cada un deles, a importancia de levar a cabo unha alimentación equilibrada, etc). En relación con este proxecto de traballo tivemos a oportunidade de realizar una saída moi interesante ao Supermercado Gadis. Alí se lles volveu a recordar aos nenos/as a importancia de seguir as orientacións da pirámide nutricional, tendo en conta as características dos diferentes grupos de alimentos e así mesmo os puideron observar nas distintas seccións. Tamén recibimos unas charlas no colexio sobre este tema e asistimos a unha actividade de contacontos do autor Iago López, O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS. Por outra banda, profundizamos no grupo das froitas, e sobre todo no AMORODO. Temática que aproveitamos para disfrazarnos no Entroido. Como actividade final deste proxecto,aproveitamos para expoñer no corredor do centro escolar, material elaborado polos menos/as, murais informativos, receitas, carteis, etc..
|
SEMANA DA PRENSA |
Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas, o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración. -O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal. |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo! Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.
|
OBRADOIRO DE REGUEIFAS |
O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras: Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños. Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego. Grazas polo voso traballo !
|
Enquisa profesorado 2018/2019 |
Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!! A vosa opinión é moi importante para nós.
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
TILANDRA PENSA EN VERDE |
Este ano comezamos cun novo proxecto "TILANDRA PENSA EN VERDE", aprenderemos a importancia de coidar o noso planeta. Ao longo do curso realizaremos distintas actividades: saídas, conferencias e obradoiros
|
Novo Blog | |
EXPERIMENTOS |
Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos (aire e auga). Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor. Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...
https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4 https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c |
Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021 |
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso. Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais. Actividades: |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS. |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E
EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.
FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS COMPAÑEIROS...
... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR BEN AOS DEMAIS.
Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.
Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.
E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…
… e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.
|
ALIMENTACIÓN SAUDABLE |
Dentro das actividades que realizamos en 4º B para traballar a alimentación saudable a que máis sorprendeu foi a de buscar Supercatadores. A moitos nenos non lles gusta a froita e as verduras, sobre todo o brócoli, as espinacas… a algúns resultalles un sabor moi forte, desagradable e cun punto de picor. Isto tan curioso, pode ser por razóns culturais, a comer tamén se aprende, ou pode ser que o noso sentido do gusto está superdesenvolto. Quisemos investigarlo e fixemos este experimento. Podedes ver o vídeo en https://youtu.be/IUWgsSQwOVY Ao longo do 2º e 3º trimestre recollemos novas sobre alimentación, algunhas moi curiosas e debatimos sobre as propiedades dos chamados “superalimentos”. Fixemos actividades baseándonos na pirámide nutricional e na distribución dos alimentos na dieta durante a xornada e durante semana, poñendo énfase en evitar os productos ultraprocesados. Falamos dos peligros do exceso de grasas hidroxenadas, azúcares e sal na nosa dieta. E finalmente, fixemos un traballo de análise sobre a cantidade de resíduos que se recollen mensualmente coas merendas do cole. Este rexistro desenvolveuse durante o mes de abril e maio, na nosa aula, e del concluímos que debemos evitar consumir tantos productos envoltos en plástico. Por desgracia os supermercados ofrécennos demasiado plástico envolvendo os productos de consumo diario. Así que, como colofón desta actividade decidimos iniciar unha campaña de concienciación para eliminar productos dun só uso, coma os canutillos de plástico, das nosas costumes de consumo. Gravamos un vídeo declaránsolle a “guerra aos canutillos de plástico” e extendémos a proposta ao resto dos cursos de ed. Primaria do centro. Tamén comentamos a posibilidade de concienciar ás nosas familias de que seguiran a campaña de boicot aos alimentos envoltos en plástico, da organización Cero Waste, que se desenvolverá entre o 3 e o 9 de xuño, na que se propón que non consumamos productos envasados en plástico de un só uso, para demostrar aos supermercados que non queremos contribuír á contaminación por plásticos.
|
Entroido en familia |
As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias. GRAZAS FAMILIAS! |
Obradoiro de Regueifas |
O pasado 25 de novembro, a rapazada de 6º tivemos a gran sorte de recibir a visita das regueifeiras Lupe Branco e Cristian de Burela, dentro do programa “Enreguéifate” do que formamos parte. E dende o primeiro momento, non houbo tempo ao aburrimento porque a regueifa invadiu cada recuncho da nosa Biblioteca. Primeiro, coas súas coplas, leváronnos da man a través da historia deste xénero de tradición oral e das súas características para despois, converternos en regueifeiros, elaborando as nosas rimas, botando “bombas” e regueifando sobre o escenario. Agora, xa só nos resta deixar voar a imaxinación. Grazas pola vosa visita! |
BAILE DAS LETRAS |
Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.
|
Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021) |
O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias. Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.
|
O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril) |
O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
|
Emocións e Arte polo Nadal |
Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa. Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal. As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro: -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado. -Arte relacionada coas emocións e co Nadal. |
Kahoot sobre as Aves |
Kahoot realizado polo alumnado de 1ºB para traballar os contidos relacionados co proxecto "As Aves" http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/575
|
LE BRIO CINE VOS |