Iniciar sesión: Acceso

Curso 2014/2015

Día da Paz 2015

O 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

No seguinte video podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

Xornadas de portas abertas 2015

Ven a coñecer o noso cole!

Os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo levaremos a cabo as xornadas de portas abertas para todo aquel que queira vir a coñecer o noso colexio e o seu funcionamento durante toda a maña.

E o 3 de marzo ás 17.00 haberá unha reunión con todos os interesados.

Animádevos!

Contádenos un conto!

O pasado venres recibimos a visita de catro nais de 5 anos que nos contaron uns contos moi especiais no recuncho de Libroreta.

Autobús Vigo Recicla

No comezo do ano recibimos ao autobús de Reciclaxe de Vigo, os nenos aprenderon o que deben facer cos residuos.

Aquí tendes as fotos: https://plus.google.com/photos/111215124959894908209/albums/6107449495311610913?authkey=CLC6r6aA2cahKQ

Reciclar non é unha obriga, é a TÚA responsabilidade!!!!!!

Nadal 2014

Cun pouco de retraso, pero xa está aquí o video do noso Nadal.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: