Iniciar sesión: Acceso

Libros de Texto

LIBROS DE TEXTO 2023-24

Achegamos a listaxe de libros para o vindeiro curso 2023-24. Recomendamos que NON os compredes/abrades ata falar en setembro coa persoa titora do voso fillo ou filla.

Clicade na imaxe para visualizalos.

Adxuntamos tamén a lista cos cadernos de inglés, clica aquí

AXUDAS MUNICIPAIS 2022-23: LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2022-23.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.

  • AXUDAS
    • Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
    • Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
  • PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
    • PRAZO: 12/07/2022 - 09/08/2022.
    • A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
    • Presencialmente con cita previa:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Adxuntamos listado dos libros do curso 2022/2023

Nos cursos de 4º, 5º e 6º de EP, teredes que mercar caderno de inglés:

Recordamos que alumnado de 5º e 6º de Primaria non mercan libros por ser aulas EDIXGAL.

A listaxe de material escolar así como os cheques serán entregados no mes de setembro xunto cos libros do fondo.

Fondo Solidario de Libros 2021-2022

As listas de Fondo de Libros serán publicadas ao longo do mes de Xullo.

Para que non esteades á espera de novas ao respecto, informarvos que todo o alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria terán os seguintes libros adxudicados:

  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais

O único que precisaredes mercar, é o cuaderniño de inglés que atoparedes nas listas de libros que tendes na seguinte ligazón: libros

En canto aos cheques de material, serán entregados en setembro previa comunicación do centro.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: