Iniciar sesión: Acceso

Novas

AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL 24-25

Ligazón a web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numPubAno=1&lang=es

Calquera dúbida chamar ó centro educativo.

 

 

BECAS NEAE 24-25

Informamos que xa está publicada a convocatoria as axudas NEAE para o curso 2024-25.

prazo de presentación é dende o 30 de abril de 2024 ao 13 setembro de 2025. Recomendamos non agardar ata o último momento.

Recoradade que poderán percibir unha axuda de 400 euros, subsidio para gastos adicionais de carácter xeral, todos aqueles solicitantes que acrediten NEAE e cumpran os requisitos da convocatoria.

Toda a información dos pasos a seguir a tedes na web

Para poder solicitalas, pida información no Gabinete psicopedagóxico ao que acude o seu fillo/a, ou no centro escolar no Departamento de Orientación.

OS MAIOS

QUE VIVA O ENTROIDO!

Os grupos de 3-4 e 5-6 realizaron na materia de Lingua Galega unha investigación sobre o Entroido Galego.

Os primeiros, adicaron as sesións a investigar sobre a figura da personaxe tradicional da nosa cidade, O Merdeiro, realizando as máscaras e o meco como productos finais da tarefa.

Por outra banda, os maiores adicaron o tempo a elaborar "Caixas do Entroido" nas que tiveron que sintetizar todo o que aprenderon das costumes, máscaras, gastronomía nos lugares que máis se vive esta festa en Galicia para despois contarllo ao resto do centro en BiblioSello.

Como punto final da actividade, visitamos o Museo Liste onde puideron desfrutar das máscaras en vivo e coñecer unha nova personaxe: o Vergalleiro de Sarreaus.

DÍA DE ROSALÍA 2024

Gravación de poemas e biografía de Rosalía de Castro en BiblioSello!

  •  Alumnado de Infantil (O Moucho):
  •  Alumnado de 1º e 2º (Has de cantar):
  • Alumnado de 5º e 6º (Como chove miudiño):
  • Alumnado de 3º e 4º (Biopoema Rosalía de Castro):
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: