Iniciar sesión: Acceso

Radio na Biblio

FORMACIÓN TÉCNICA RADIO

O alumnado de 3º e 4º estivo formándose como técnicas e técnicas de radio e aproveitando as vindeiras Letras Galegas, aproveitamos para gravar o Himno Galego. Quedoulles bastante ben, non si?

DÍA DE ROSALÍA 2024

Gravación de poemas e biografía de Rosalía de Castro en BiblioSello!

  •  Alumnado de Infantil (O Moucho):
  •  Alumnado de 1º e 2º (Has de cantar):
  • Alumnado de 5º e 6º (Como chove miudiño):
  • Alumnado de 3º e 4º (Biopoema Rosalía de Castro):

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Deixamos por aquí un anaco do que se levou a cabo no centro pola Semana das Letras Galegas.

Deixámosvos a continuación o podcast elaborado por todo o cole no obradoiro de radio.

 

PONTE NAS ONDAS 22-23

O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.

Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.

 

 
 

POEMAS EN CONTOS

No obradoiro deste mes, o alumnado de 5º compuxo uns poemas inspirándose nos contos tradicionais. Graváronos e editáronos co Audacity.

Foi a primeira vez que se enfrontaron a este reto pero quedáronlles moi xeitoso, ou non??

 

 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: