Iniciar sesión: Acceso

Radio na Biblio

Podcast polo 11F (5º e 6º EP)

alumnado de 5º e 6º de primaria contactou vía mail con Noelia González e Raquel Rey, dúas Doutoras en Química da Universidade de Vigo, co fin de invitalas a RadioSello para poder entrevistalas por mor do Día da Nena e a Muller na Ciencia.

Como é o seu traballo? En que se basea a súa investigación? Tivo algún impacto o feito de ser muller na súa carreira profesional?

 

Se queres sabelo... Dalle ao play!!

Podcast 5º EP entrevistando a Noelia González

 

Podcast 6º EP entrevistando a Raquel Rey

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ponte nas Ondas!

A través do proxecto Radio na Biblio, tivemos a sorte de contar coa xente de Ponte nas Ondas para formar ao noso alumnado en radio escolar!

Aquí tedes o programa que gravaron entre todos os cursos de primaria! Clica na imaxe Risa

Á Radio polo Nadal

Estrenamos a nosa Radio Escolar este curso 2021/22 da man do alumnado de 1º e 2º EP.

Elaboraron uns programas de radio explicándonos as cousas que podemos visitar na nosa cidade Vigo durante o tempo de Nadal!

Clicade nos adxuntos para escoital@s e poñede ben atentas as vosas orellas!

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: