Curso 2014/2015
Festa da auga!!!
Enviado por Anónimo o Dom, 24/05/2015 - 19:29O pasado venres as Tartarugas, os Pitufos e as Baleas festexamos unha festa pasada por auga. Non vos perdades o seguinte vídeo
Algúns traballiños das Baleas
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2015 - 19:35Os contos populares, a banda deseñada ou as partes dun xornal foron algúns dos contidos que o alumnado de 5 anos traballou durante o pasado trimestre.
Para mostra...o seguinte vídeo!
Teatro "Los Tres Famosos pececillos"
Enviado por Anónimo o Mar, 05/05/2015 - 05:30Despois dos problemas de son que tivemos no Nadal, o fabuloso grupo artístico de 2º de primaria retomou a súa obra e saíu a escena. Fíxoo na nosa biblioteca, no espazo "Divertivenres". Actuaron moi ben e o público quedou abraiado.
Obradoiro de galletas
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2015 - 04:11Irene, mestra reposteira e nai de Xavi de 3 anos e de Carla de 6ºP, ensinounos a facer unhas deliciosas e divertidas galletas. Divertímonos moito! Graciñas Irene!!!
Día da Poesía
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 04:58O pasado 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día da Poesía. Cada clase leu o poema que traballara na clase a tódolos seus compañeiros, e así gozamos dunha boa experiencia poética todos xuntos.