Iniciar sesión: Acceso

Educación Primaria

CHARLA COGAMI1º- 4º

Esta vez tocoulles os nen@s de 1º-2º  e 3º-4º coñecer un pouco máis sobre a discapacidade e os tipos que hai, a través dunha charla impartida por COGAMI

Aquí tedes un video para que vexades o que fixeron. 

Lendo a Florencio Delgado Gurriarán!

Os nenos e as nenas de 1º e 2º estiveron traballando na aula un poema de Florencio Delgado polo día das Letras Galegas.

Despois de convertelo nun poema visual e debuxar a natureza que Florencio nos describía, foron á radio gravalo!

Clicade na foto para escoitalos Canso

 

Á Radio polo Nadal

Estrenamos a nosa Radio Escolar este curso 2021/22 da man do alumnado de 1º e 2º EP.

Elaboraron uns programas de radio explicándonos as cousas que podemos visitar na nosa cidade Vigo durante o tempo de Nadal!

Clicade nos adxuntos para escoital@s e poñede ben atentas as vosas orellas!

 

Clase práctica de periodismo Faro de Vigo

O luns 7 de Marzo asistimos a unha clase práctica de periodismo organizada polo Faro de Vigo que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. O obxectivo era que os nenos compartiran á forma de traballar dun periodista. Nos seguintes enlaces podedes ver o resultado do traballo:

FARO apadrina el bautizo periodístico de 700 escolares

Vídeo resumen

Galería

Os de 1º e 2º visitan o Museo do Mar

Os nosos alumnos de 1º e 2º pasaron unha maña do mes de febreiro preto do mar, visitando o museo. Aquí tendes o video do ben que o pasamos.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: