Iniciar sesión: Acceso

blogue deequipobiblio

CHARLA COGAMI1º- 4º

Esta vez tocoulles os nen@s de 1º-2º  e 3º-4º coñecer un pouco máis sobre a discapacidade e os tipos que hai, a través dunha charla impartida por COGAMI

Aquí tedes un video para que vexades o que fixeron. 

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: Á CARTA

Continuando co PDI da Biblioteca Escolar deste ano: "Dende o Sello para o mundo" mostrámosvos a instalación artística deste 3º trimestre, a cal está baseada na carta. 

Esperamos que vos guste. :)

CHARLA COGAMI

O alumnado de 5º e 6º tivo esta semana unha charla impartida por COGAMI(Confederación Gallega de Personas con Discapacidad) sobre a sensiblización para concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade. 

Deixámosvos un pequeno video para que vexades un pouquiño do que fixeron. 

 

 

CÁMARAS.... E ACCIÓN!!

Aproveitando que o PDI de centro son os medios de comunicación e este trimestre adícase aos medios audiovisuais, o alumnado do centro estivo fedellando cos micros, cámaras, iPads e apps de edición do espazo creativo de BiblioSello.

Fixeron uns traballazos! Dádelle ao PLAY.


O grupo de infantil cóntanos o seu libro favorito da Biblioteca.


En 1º e 2º fixeron unhas reseñas literarias marabillosas. E nótase o que lles gustou estar diante da cámara!!



O grupo de 3º e 4º fálanos dos seus libros favoritos:

 


O alumnado de 5º e 6º elaboraron estes estupendos Booktrailers de libros que podedes atopar na biblioteca.

COMEZARON OS OBRADOIROS!

Xa chegaron os obradoiros a Bibliosello!! E como non... este mes adicando parte deles ao Entroido. Os nen@s durante os recreos puideron facer uso dos robots, Ipads, mesa de luz, xogos de mesa, tanto para deixar voar a imaxinación e creatividade, pero tamén para divertirse. 

 

Deixámosvos un video para que o vexades!!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: