Blog de biblioteca

EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Novembro é o mes  "da ciencia en galego".

Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..

 O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo. 

Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre?? 

Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.

Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:

 

 

 

 

  

 

 

 

RADIO NA BIBLIO

Este curso unímonos ó proxecto "RADIO NA BIBLIO" 


Estamos moi ilusionados e ilusionadas de poder formar parte deste proxecto.. e poder compartir as nosas vivencias, experiencias e aprendizaxes, integrando as competencias clave e cunha aprendizaxe significativa e ilusionante.

Máis información do proxecto aquí: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1245 

Seguiremos informando!!! 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso escolar 2019-20.

SAMAÍN-HALLOWEEN 2019

O martes 29 de outubro celebramos o Samaín-Halloween no cole. Ademáis tamén entregamos os diplomas aos millores relatos terroríficos e as cabazas máis votadas.

 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por fin chegou o Día das Bibliotecas escolares.

Un día de festa !!!!

Pola mañá fomos a nosa biblioteca do cole en pequenos grupos (infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) para recibir un pouco de formación e tamén para divertirnos e aprender ... e ver algún vídeo que nos gustou moito.

Ademais este curso fixemos un novo TRÍPTICO INFORMATIVO dende a biblio, que se repartiu ese día.

 

E pola tarde chegou o festón: o alumnado de 5º e 6º de primaria levaba un mes preparando, buscando información, guionizando, dramatizando unha idea: COMO PRESENTAR ao resto do centro o noso PDI: "OS XOGOS OLÍMPICOS".Temos que darlle os parabéns tanto ao alumnado coma o profesorado de 5º e 6º, porque fixeron unha presentación fantástica que combinou exposición de contidos, teatro, humor, información e diversión.

Explicáronnos moitas cousas, viaxaron no tempo e presentáronnos os principais símbolos olímpicos.

FOI UN DÍA XENIAL!!!

ESCORNABOTS

Na semana da #CodeWeek o alumnado máis pequecho do centro estivo xogando cos escornabots. As súas mestras fixeron plantillas con vocabulario de froitos de outono e a partir do conto "Orellas de bolboreta".

SAMAÍN-HALLOWEEN

Para celebrar este ano o Samaín/Halloween, fixemos unha selección de libros que podedes ver no expositor que está na entrada da biblioteca. Ademais preparamos unhas caixas de historias terroríficas con contos, cómics e novelas de temática terrorífica como son os medos, a maxia, os monstros e demais. Cada curso poderá desfrutar desta caixa un  día, aínda que todos os títulos estarán dispoñibles na biblioteca todo o curso para o seu uso. Cada caixa conterá unha lista coas historias que hai no seu interior, así como unha das que teñen actividades interactivas ou imprimibles para traballar.


 Aquí vos deixamos esas actividades, esperamos que vos gusten!

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Primaria

 

- Actividades interactivas de 'O Baúl dos Monstros', de A Pantasma, O Monstro do Armario e O Zombi.

 

- Actividades de comprensión de El Monte de las Ánimas. 

 

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Infantil

 

 

- Pack de pasatempos imprimibles en inglés de Onde Viven os Monstros.

 

- Actividades interactivas para asamblea de Unha Pantasma con Asma.

 

Ademais, podedes imprimir estas actividades e pasatempos, tamén con temática de Samaín, elaboradas polo CEIP de Galán.  Que o pasedes DE MEDO!

 

NOTA: Todas estas actividades foron elaboradas polo equipo TICs do centro en colaboración co de Biblioteca.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O xoves 17 de outubro estiveron no cole os de FESTIVALIÑO ON THE ROAD XACOBEO 2021.

O Festivaliño on the road é un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda Galicia.

Os nenos puideron ver diferentes curtametraxes, facer entrevistas, rodaxes e máis sorpresas .....

No seguinte video podedes ver algunhas fotos do ben que o pasaron.

PLAN ANUAL DE LECTURA 2019-20

No archivo adxunto podedes ver e descargar o Plan Anual de Lectura do curso 2019/20.

Distribuir contido