Skip to main content

STEAM

A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro.

Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro.

Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira.

Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento,

e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, 

a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo,

só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur.

Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.

Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra.

Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar

con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN - TEXTURAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Escollendo como tema de base a Paz para celebrar o Día da Ilustración,

en plástica, nas seccións bilingües, o alumnado experimenta con diversas texturas.

Estes son os resultados.

O traballo das texturas quizais non se aprecia pero visto en directo é impresionante!

 

TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal

A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian

Families sorprendeunos cunha actividade.

Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron!

Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro!

Parabéns mozas e mozos!

 

 

TEATRO #aBEtenapalabra #teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria leva xa un trimestre cos ensaios de teatro na biblioteca.

Están a preparar unha obra entre as tres aulas, será unha peza de Carlos Labraña,

que aínda está en proceso de creación.

Eles sacarán adiante a dramatización do borrador.

Esta peza ten un valor especial pois a persoa que da nome á nosa biblioteca a

fixo pensando en nós, nas personaxes que vemos a cotío cando entramos nas distintas salas.

Agradecer a Carlos Labraña e á rapazada que pon todo o seu empeño en mellorar día a día.

E sen deixar de rir e disfrutar!

CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs seguen co seu funcionamento.

Pero iso require inspiración e moita organización, creación de

foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear.

Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos.

Parabéns rapazada! Sodes como a marea,

poden baixarvos pero volvedes subir.

Unha mostra de I love animals!

PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.

 

Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir

un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.

 

 

Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.

 

Unha experiencia para repetir!

 

CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións,

queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros.

Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade,

un experimento, un actividade de costura, reciclados...

Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas

e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda,

o mar, un conto, a recomendación dun libro...

Pasade pola biblioteca e apuntádevos!

Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!


 

 

 

 

 

RETO DE PESO - Biblioteca Inclusiva #biblioinclusiva #bescolaresgal

 

 

O voluntariado toma as rendas e leva adiante o obradoiro!

Que faríamos sen eles e elas?

Gracias rapazada!

  

POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Proposta obradoiros de postais.

Hai que poñer moito amor e creatividade.

O destinatario será calquera amig@ do centro.

Estas son algunhas fotos das creacións.

Artistas!! Felices Festas!


OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal.

Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.

 

ANUNCIO NADAL CO COMERCIO LOCAL

O alumnado de 2º de Primaria (Esquíos, Duendes e Vagalumes) xúntanse para promocionar

o Comercio Local, o da nosa vila. Así deseñan un anuncio de Nadal para convencer da importancia

de mercar na vila, pretiño, con persoas de confianza ás que vemos tódolos días e sabemos que

se preocuparán por cumprir os nosos desexos. Por elas e eles, o anuncio de nadal:

No Nadal merca no Comercio Local!

 

 

As tendas nas que estamos a diario son importantes para a sostibilidade do planeta.

Apostar polo comercio local é sinónimo de posicionarse firmemente do lado da sostibilidade:

do consumo responsable, da conservación do territorio, de velar polo medio ambiente. 

Por iso, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2.030) aos que máis

contribúe o Comercio Local son os relacionados co cambio climático. O Comercio Local contribúe

de xeito decisivo na diminución da pegada de carbono que deixa cada persoa.

Cando o consumidor merca no seu barrio, na súa vila, é moi probable que o faga a pe,

reducindo as emisións que proveñen de distintos medios de transporte e diminúe de maneira

clara sobre o medio ambiente.

 

O Comercio Local tamén axuda a loitar contra a desertización rural, xa que a supervivencia

destes comercios nunha vila pequena coma a nosa, permiten que teñamos os produtos e servizos

de primeira necesidade.

 

O obxectivo de loitar por unha produción e consumo responsables constitúe a esencia do Comercio Local,

xa que o mercar "preto" favorece a substitución do "mercar e tirar" pola de "encher e reparar".

 

Ademáis, o Comercio Local fomenta a actividade emprendedora de pequenas/os empresarias/os e autónomas/os

e xera moitos empregos, cumprindo así outro ODS sobre a loita polo traballo decente e o crecemento económico.

 

 

INICIATIVAS DO NOSO ALUMNADO - CREACIÓN DE CLUBS - #Axenda2030 #bescolaresgal

Fomentar a autonomía e o espíritu crítico no noso alumnado sempre da froitos.

Mostra disto é a creación dos clubs.

O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou a súa andaina e son imparables.

Na actualidade coexisten dous clubs, os do Sylvanian Families e I love animals.

 


 

Dende o primeiro intre, organizaron as normas de pertenza ao club,

nomearon presidentas e presidentes, axudantes e creadores dos mesmos.

Prepararon os lugares destinados á actividade para que fosen agradables,

 realizaron xuntanzas nas que tomaron decisións importantes, realizaron cartaces para difundir,

trípticos para brindar información, deseñaron as actividades, así como a distribución de

diferentes obradoiros e organización do material e dos espazos para a súa realización.

 


 

Entre os seus obradoiros: manualidades  de Nadal: Papá Noel, renos... con materiais de refugallo.

Tamén a realización de proxeccións referidas a animais e realización plástica dos mesmo.

 


 

Por suposto, sempre cumprindo o protocolo Covid.

Este alumnado ten o apoio e a supervisión do equipo da BE Carlos Labraña.


OBRADOIRO DE COLMEAS - BIBLIOTECA CREATIVA

No mes da ciencia en galego argallamos un obradoiro de colmeas.

 

En grupos cooperativos de 4 ou 5 persoas o alumnado tivo que ser quen de secuenciar as tarefas,

ler as instruccións, chegar a acordos e conseguir un produto final.


Pero durante este proceso tiveron que traballar a pinza e o recortado (que mellora a escrita),

conversar (expresión oral), buscar a información (isto conleva ler e filtrar os datos,  decidir que é o importante e que non).

 

Aquí un vídeo resumo do proceso.

 

Descubrindo os segredos da biblio... - Formación Usuarios

 

O inicio de curso implica retomar a formación de usuarios que facemos anualmente na biblioteca xa que só con alumnado informado e coñecedor dunhas pautas básicas para "funcionar" pola biblio, podemos exprimirlle todo o seu beneficio a este espazo tan marabilloso que temos no cole.

 

Nesta ocasión, a formación abarcou dende 5 anos ata 6º de primaria polo que mentres con algúns grupos traballamos principalmente as normas básicas, outros profundizaron na CDU... Deste xeito, houbo varias modalidades de formacións atendendo aos diferentes niveis de coñecemento da biblio:

- As nenas e os nenos de 5 anos coñeceron a Percebiño, grazas a quén traballaron sobre as normas básicas da biblio, fixeron un pequeno xogo de pistas (có que reforzamos o coñecemento dos diferentes espazos) e iniciáronse no emprego dos marcadores e no buzón de Percebiño.

- A rapazada de 1º Primaria traballou cun Genially moi chulo sobre as normas básicas, o emprego dos recursos, a organización por tempos dalgúns materiais coma os iPads (para facilitar que todos e todas teñan posibilidade de acceso) ou o préstamo de materiais para a casa.

- Os grupos de 2º a 4º Primaria traballaron sobre os datos dos libros iniciándose ademáis no sistema de clasificación de idades recomendadas mediante cores e na CDU.

- E xa por último, os e as maiores de 5º e 6º Primaria profundizaron na CDU traballando sobre os tejuelos e aportaron suxestións para montar a mini biblio no patio do Areal (destinada ao tempo de lecer e atendida por alumnado voluntario) ademais de aportar ideas para o curso e colaborar na creación dun buzón de suxerencias.

 

A verdade é que todos os grupos fixeron un gran traballo asi que, para que os vexades en acción, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con imaxes recollidas durante as diferentes formacións!

 

 

 

Deixamos adxuntos os materiais empregados por se queredes botarlles unha ollada!

E unha pequena carta para as familias.

 

 

 

 

ARTE EN ESTADO PURO - 2º PARTE - ILUSTRACIÓN

Posted in

Crear, imaxinar, dar forma e imprimir a nosa impronta persoal é de máxima importancia.

Aquí temos o proceso artístico, levado a cabo polo alumnado de 1º, os Vagalumes,

baseado en varias obras que parten da inspiración dun libro: Alén. A arte de explorar.

Dentro dunha biblioteca chea de recursos, a nosa, á Biblioteca Carlos Labraña.

Últimas creacións de quebracabezas de obras e autoras/es.

O FILLO DO HOME DE RENÉ MAGRITTE

SHOT MARILYNS DE ANDY WARHOL

FEMME MAISON DE LOUISE BOURGEOIS

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Posted in

A ilustración é un medio de comunicación,  dende a Prehistoria ven agasallando con datos sobre a forma de vida, gustos, talentos...

e hoxe, na era Covid é un medio para coñecer e expresar o noso estado de ánimo e deixar saír todo o que temos dentro.

 


 

A ilustración na vida non se pode conmemorar nun día, está presente permanentemente,

pero os Vagalumes de 1º C quixeron afondar máis no seu coñecemento.

 

Escolleron un libro: "Alén. A arte de explorar" de Lièbana Goñi, que ademáis de contar unha fermosa historia,

ten unhas ilustracións magníficas e nas súas follas podes atopar retallos de moitas obras de arte.

A busca de estas obras e o debate sobre o conto, fixo que foran conscientes de que elas e eles

tamén son ilustradores cotiás e por que non replicar esas obras? E nesas están!

 


CLICA PARA VER MÁIS FOTOS

 

Ademáis, están creando quebracabezas das obras traballadas no espazo argalleiro da biblioteca creativa.

Esta é a primeira remesa. Pódese cambiar o número de pezas, o fondo... A xogar!!

 

CLICA EN CADA OBRA:

AUTORRETRATO CON MONOS - FRIDA KAHLO

A PERSISTENCIA DA MEMORIA - SALVADOR DALÍ

MAMÁ - LOUISE BOURGEOIS

LABIRINTO - LEONORA CARRINGTON

MATERIAL CREADO PARA USO DO PROFESORADO:

 

Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano

Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!

 

 

 

FANZINE - PROXECTO DE ESCRITURA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

Durante o confinamento, o alumnado fixo diversas actividades na casa.

A escritura ten un peso importante e era necesario que pequenas e pequenos seguiran escribindo,

imaxinando, cohesionando os textos, cinguíndoos a unha ortografía e gramática precisa.

 

Pero todo isto, tiña que partir dos seus intereses, da súa imaxinación, das cousas da vida que para nada son impostas.

Así, os Vagalumes, decidiron realizar Fanzines, publicacións curtas, libres, persoais e moi, moi creativas.

 

A través de esta imaxen interactiva, poderedes ver pequenos retazos dos seus traballos e quen se anime facer o seu, quen sabe...

A imaxinación non ten límites, hai que deixala voar!

 
Distribuir contido