VISITA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal
O alumnado de 4º tivo a honra de entrevistarse de primeira man
co naturalista Rafael López Loureiro, máis coñecido como Calel.
Un naturalista que emana coidado, respecto e re/coñecemento
pola natureza. El é o autor das fotografías que leva o Álbum de Flora e
Fauna da nosa contorna. Esta rapazada tivo o pracer de saciar tódalas
curiosidades que tiñan de cada unha das fotografías, animais, plantas...
forma de traballo do naturalista... Pero antes tiveron que pasar unha proba.
Estamos moi orgullosos da rapazada pois a superaron sen dificultade
e conseguiron saber todo o que era do seu interese.
Se queredes profundizar no estudo da natureza, Calel, ten un blog chamado
"Ao noroeste, do Noroeste", onde fai publicacións de gran interese naturalista.
Pequenas e pequenos naturalistas, vos tamén podedes ser como Rafael López Loureiro,
só hai que desexalo, esforzarse, estudar e seguir amando e coidando de tódolos seres vivos.
Este álbum é un enredo, para seguir aprendendo. Aquí temos as nenas e nenos de 1ºA.
Agradecer a colaboración do Concello de Cedeira e das persoas que fixeron posible este soño!