Skip to Content

Blogues

ENGLISH 6

       Dear children, my proposal today is to learn about "The enemy". Here you are some interesting information about it: Read it carefully, find the main vocabulary(you can write it down) and answer the questions in your notebook. 

       Bye for now!

Let's Count!!!

Good morning, everyone! Bos días a todos!

Let's start with a simple review of numbers 1-10. Just watch the video (and dance!) and then print the worksheets and complete them.  They are easy!

Comecemos cun simple repaso dos números do 1 ao 10. Mira o vídeo (e baila!) e a continuación imprimide as fichas e facédeas. Son sinxelas!

 

https://www.youtube.com/watch?v=85M1yxIcHpw

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PARA TRABALLAR DENDE A CASA 2ºCURSO

Bo día nen@s, dende hoxe comunicarémonos a través do blogue con propostas conxuntas para ámbolos dous cursos.

Por outra banda lembrade que hoxe comenzou a emisión en aberto dunha programación especial coproducida por RTVE e o Ministerio de Educación e Formación Profesional "APRENDEMOS EN CASA" que se emitirá pola mañá de luns a venres en Clan TV e La 2. A nosa franxa horaria (6-8 anos) será de 9:00-10:00 da seguinte maneira: Luns (Mates), Martes (Ciencias Sociais), Mércores (Ed. Artística), Xoves (Lengua e Idiomas) e Venres (Ciencias Naturais).

Desexando que todo vaia ben e con moitas ganas de estar de novo con vós, unha aperta.

As titoras.

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PARA TRABALLAR DENDE A CASA 2ºCURSO

SAÚDOS PARA TODAS E TODOS!!!

 
Bos días amig@s!!
 
Que tal estades? Seguro que botades moito de menos a escola… ou non? O que si  é seguro é que a escola a vós si que vos bota en falta!
 
Así que.. intentaremos que chegue aos vosos fogares para que esta espera sexa un pouquiño máis levadía…
 
A partir de agora, atoparémonos aquí todos os días e vos proporemos actividades para que fagades nos vosos fogares.
 
 
A nosa proposta para hoxe é:
 
  • Atréveste con estos trabalinguas?

https://www.youtube.com/watch?v=FZgEH3pDKn8&feature=youtu.be

 

  • Tamén vos deixamos uns Sudokus. Podedes practicar neste enlace que vos poñemos a continuación. Estamos seguras de os resolveredes sen problema!

https://www.sudoku-online.org/sudokus-ninos.php

 

  • Curtametraxe "El viaje de Said"

https://www.youtube.com/watch?v=mF_ZSCxlAIU

Despois de ver esta curtametraxe, saberiades explicar o que é a inmigración? Por que pensades que

Said marchou do seu fogar? Síntese só? Que palabra (adxectivo) utilizariades para referirvos ás

persoas que axudan a aqueles que o necesitan?

 

  • No seguinte enlace atoparedes unha lectura comprensiva e galego. Sería xenial se llo ledes as vosas familias en alto!!

 

  • Aquí poderedes atopar uns problemiñas que deberedes de resolver. Non vos esquezades dos DATOS, OPERACIÓNS e SOLUCIÓN.

 

  • Preme aquí e colócalle as agullas a este reloxos.

 

  • Seguro que estades a ler un pouquiño todos os días... ademais de ser moi divertido, permítenos

    mellorar o noso vocabulario, a nosa concentración, adestrar ao noso cerebro...resumindo... unha

    MARABILLA!


    Aquí tedes un modelo de ficha de lectura (podedes utilizar outro) para cubrir cando rematedes un libro.
 

Lembramos que as actividades propostas son de carácter voluntario, non hai que facelo todo. Deixamos material a maiores para que as familias poidan adaptarse aos seus tempos e circunstancias. O obxectivo é non perder o contacto con actividades escolares, pero a prioridade son as nenas e nenos, entre todos tentaremos facer a súa estancia na casa o máis levadera posible. Ánimo!!!

 
 
Aínda que de forma virtual (así evitamos o contaxio), mandámosvos moitos bicos e unhas apertas moi moi fortes!
As vosas titoras de 2º.

 

DÚBIDAS

PODEDES UTILIZAR AS DUAS CLASES, ESTE CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA OU PARA MANDAR TRABALLOS, DEBUXOS, VIDEOS DOS VOSOS FILLOS/AS: CLASSBEA@GMAIL.COM

INTENTAREMOS CONTESTAR A MAIOR BREVIDADE.heart

ACTIVIDADES PARA RENOVAR O CALENDARIO

Esta nova ligazón e para complementar o anterior. 

https://mega.nz/#F!JhYXGADK!298CXwLRF_x2F0mh0Y7W-A

Disfrutade cos vosos fillos e fillas.

Un saúdo de Mónica e Bea.

TAREFAS PARA OS VINDEIROS DÍAS

https://mega.nz/#F!o5hBwYbS!0i9JyfAxVIQKN6_X8rMaXA

Ola Familias:

Esta ligazón é para descargar o traballo destes días de confinamento.

Picades na ligazón, e lévavos á páxina de Mega.

Logo aparecen os arquivos e ao picar nos tres puntiños de á beira descárganse.

Un saúdo e moita forza.

Boas noites e fin de semana

Boas noites familias!!

Para esta fin de semana propoñémosvos algunhas opcións de traballo :

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725125816443.pdf

* Poemas en Lingua Galega. Escolle o que máis che guste, cópiao, fai un debuxo e explica porqué é o poema que máis che gusta.

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725130138403.pdf      

*  Material para traballar a gramática en Lingua Galega. Interesante facer 1 ou 2 páxinas a diario (xunto coas de mate :)

 

* Escollede dúas destas 3 tarefas :

1- Debuxar retratos - (ver número 13*),

2- Gravar un programa de radio - (ver número 14*)  e/ou

3- Dobrar unha peli -(ver número 15 *)  

das  * "70 ideas fáciles para jugar dentro de casa" que  vos propuxemos  na entrada do blogue do luns 16.

Facede algún debuxo, audio, video e/ou fotografía de cada unha das actividades que fagas.

 

Coma sempre, moito ánimo e apertas dixitais para tod@s!!

ENGLISH 6

ENGLISH 5

Distribuir contido



by Dr. Radut