Listado de libros para o curso 2013/2014

Adxúntanse os arquivos correspondentes aos libros para o próximo curso 2013/2014.

Premer en arquivos adxuntos.

Materiais de aula para o curso 2013/2014

A continuación adxúntanse os arquivos correspondentes ao material para o próximo curso 2013/2014

* Premer en arquivos adxuntos e sairá o listado por cursos ou ciclos.

AVISO, NOVO HORARIO DE SECRETARÍA NO MES DE XUÑO

Durante o mes de xuño o horario de secretaría modifícase por mor do horario da xornada intensiva. Deste xeito, permanecerá aberta de 11.10 a 12.00 h.

 

(desculpen as molestias)

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto

Están publicadas no DOG do día 31 de maio a orde pola que se convocan axudas para

a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado  de educación primaria  e secundaria obrigatoria.

As instancias pódense recoller no centro (unha por cada alumno/a) ou descargar no

enderezo http://edu.xunta.es e presentaranse no centro de novo xunto co resto da documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentalas para primaria é do 3 de xuño ata o 3 de xullo, aínda que para axilizar os trámites e poder entregar os vales correpondentes canto antes pregámoslles as entreguen o máis pronto posible ( antes do 21 de xuño).


 

DOCUMENTACIÓN a presentar con validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

·         Solicitude

·         Orixinal e copia da seguinte documentación:

o   Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar 

     Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de     

     decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse

    documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:

   - Orixinal ou copia compulsada da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou   

      o convenio regulador onde conste a custodia do menor ou

   - Orixinal ou copia compulsada do certificado de convivencia da unidade

      familiar ou     

   - Orixinal ou copia compulsada de certificado ou informe dos servizos sociais ou

     órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2011:

   - Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha

      porcentaxe igual ou superior ao 33%. 

        -  Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de

           incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

        -  Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha

           pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou

           inutilidade.  

 

DOG PARA A AXUDA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO. PODE LER A DISPOSICIÓN PREMENDO EN FICHEIROS ADXUNTOS.

 

ATENCIÓN  NOVO HORARIO DE SECRETARÍA: 11:10 a12h.

 

Admisión de alumnos para o curso 2013/2014

1 GÓMEZ PEREIRA, AARÓN ....................................... 17 ........................Admitido

2 LÓPEZ GÓMEZ, LARA ............................................ 17 ........................Admitido

3 NOVO MEIZOSO, BORJA ........................................ 16 ........................Admitido

4 VILAR IGLESIAS, ANXO ........................................ 14 ........................Admitido

5 PITA FACHAL, ICÍA ............................................. 10 ........................Admitido

6 CALVO QUINTIÁ, DANIEL ....................................... 9 ........................Admitido

7 FERNÁNDEZ SANMARTíN, GISELA .............................. 9 ........................Admitido

8 FERNÁNDEZ ARNOSO, ALICIA ...................................9 ........................Admitido

9 PITA FERNÁNDEZ, DIEGO ....................................... 9 ........................Admitido

10 RIVERA SECO, SHEYLA ..........................................9 .........................Admitido

11 GARCÍA MEIZOSO, DIEGO ..................................... 8 .........................Admitido

Visítanos Fina Casalderrey

Xoves, 23 de maio de 2013. Visítanos Fina Casalderrey.

Co gallo da celebración das Letras Galegas convidamos á escritora Fina Casalderrey a compartir unha xornada con todos os alumnos e alumnas do Ceip Mosteiro de Caaveiro.

Agardamos con ansia a súa chegada.


(premede na foto para saber máis sobre Fina Casalderrey)

Campaña de recollida de roupa usada e calzado

Dende hoxe ata o próximo 23 de abril, levaremos a cabo, no noso centro,  unha campaña de recollida de roupa e calzado usado. Os nenos que o desexen poden pedirlle aos titores correspondentes as bolsas para depositar téxtiles que se consideren oportunos (roupa, mantas, calzado...).

Graciñas pola vosa colaboración

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/2014

PRAZO: ENTRE O 5 E O 17 DE ABRIL DE 2013

 

Documentación complementaria

- Impreso de admisión e matricula que deben recoller no centro (en horario de 12 a 13h, na secretaria).

- Fotocopia do libro de familia da páxina na que estea inscrito o/a solicitante.

- Fotocopia da cartilla de vacinas.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

* Artigo 14

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

DÍA DA PAZ

Celebramos o DÍA DA PAZ ESCOLAR,cantando e bailando "A Carrasquiña" e cos "Xogos Cooperativos".

Facede que o Día da Paz sexa todo o ano!

Distribuir contido