INFORMACIÓN PARA O PROCEDEMENTO DE IMPLANTACIÓN DA XORNADA DE MAÑÁ

 

A petición da ANPA e en base á demanda de numerosas familias que prefiren a xornada que temos establecida en Setembro e Xuño para todo o ano, iniciamos o procedemento para tentar modificar o horario do centro para os vindeiros cursos escolares.

            A Orde que establece dito procedemento é a do 29 de Maio de 2008 e enumera unha serie de requisitos a acadar:

  • Acordo de 3/5 do Consello Escolar
  • Acordo de 3/5 do Claustro
  •  Informe favorable do Servizo de Transporte
  • Acordo favorable do 58% do total do censo de pais/nais ou titores legais do alumnado.
  • Elaborar un plan específico de actividades extraescolares para o curso que ven.

Comezaremos o procedemento convocando un Consello Escolar, en sesión extraordinaria, e seguidamente o Claustro. De saír favorable o resultado en ambos, para conseguir a xornada continua, solicitarase o informe ó Servizo de Transporte.

De ser tamén favorable o informe solicitado a Transporte, organizarase unha rolda de información, dun mes de duración, para pais/nais e titores legais sobre o plan de actividades extraescolares e sobre como funcionará o centro coa nova xornada.

Calculamos que decembro e xaneiro poderán ser ese mes de información necesario e posteriormente as votacións.

Aclarar que dito horario non influiría no feito de ter comedor. Unicamente afectaría se neste baixara o seu número de usuarios.

Os horarios que se barallan como posibles serían:

  •   De 9:15 a 14:15 a xornada escolar e de 14:15 a 15:15 o comedor.
  •    De 9:30 a 14:30 a xornada escolar e de 14:30 a 15:30 o comedor.

 

Informar que tanto a dirección do centro como a ANPA están á vosa enteira disposición para aclarar calquera dúbida pero que se explicará todo con detalle na fase de información establecida, se os procedementos anteriores foran positivos á xornada continua.

CELEBRAMOS O DÍA DO PEÓN DO 2015

 

 

 

 

O mércores, 11 de Novembro de 2015, celebrarase a 11ª edición do Día do peón. Esta actividade está convocada (a nivel galego e tamén doutras partes de España) por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

                Este ano o Acto central terá lugar no CPI de San Sadurniño, lugar a onde acudirá a nosa escola con todo o alumnado de Primaria. O alumnado de Educación Infantil celebrará esta festa no noso colexio.

 

                Para ampliar a información   www.brinquedia.net

 

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS "POLA CARA"

Contamos no centro cunha exposición itinerante, cedida polo Museo do Humor de Fene, chamada "POLA CARA" que amosa 53 caricaturas feitas por autores galegos, españois e e internacionais. Por iso, convidamos a todas as familias da nosa comunidade educativa a achegarse ao centro, dentro do horario lectivo, para poder visitala.

 

(máis información no Blog da Biblioteca)

 

 

PROXECTO SOLIDARIO SUNU BUGA BUGA

Con motivo da celebración do "DÍA DO PEÓN 2015", a nosa escola vai participar nun proxecto solidario con Gambia (África) chamado SUNU BUGA BUGA. O xeito de colaborar é a través da venda de camisetas e peóns solidarios, que se poderán adquirir o martes 13, mércores 14 e xoves 15 de outubro de 16:30 h. a 17:30.

 

 

(Picando en arquivos adxuntos pódese acceder á información do proxecto.)

 

HORARIO DE INVERNO, A PARTIRES DO 1 DE OUTUBRO

Lembramos ás familias do centro que a partir do xoves 1 de outubro comezamos o horario de inverno

 

Entrada: 9:45 h.

Comedor: 13:05 h. - 14:35 h.

Saída: 16:15 h.

 

O alumnado deberá traer os neceseres para o seu aseo, despois de comer.

Xa non é necesaria a merenda da mañá.

 

 

ABALAR MÓBIL: GUIA PARA AS FAMILIAS

Desde o presente curso, o noso centro está incluido dentro da rede ABALAR MÓBIL da Consellería de Educación. As familias poderán acceder a datos académicos dos seus fillos, a través desta aplicación, que poderá estar instalada no teléfono móbil ou en tablets. Premendo sobre a foto, dispoñen dunha guía de instalación e utilización.

SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR

O próximo xoves 10  de setembro, o alumnado do centro levará á casa os impresos de autodeclaración para solicitar o servizo de comedor para o curso 2015-2016.

Pregamos que, unha vez cubertos, se entreguen na Secretaría do centro en horario de 11.00h a 12.00h antes do venres 18 de setembro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2015/2016

 

O próximo xoves 10 de setembro dará inicio o novo curso escolar 2015/2016.

 

Horario de clases  9.30 h a 14.20 h

Horario de comedor 14.20 h a 15.15 h

 

                                            O alumnado debe traer unha pequena merenda para tomar a media mañá.


O TRANSPORTE PASARÁ POLAS PARADAS:

- POLA MAÑÁ QUINCE MINUTOS ANTES 

- Á TARDE UNHA HORA ANTES DO HORARIO HABITUAL.

 

 

ABERTO O PRAZO PARA A ADMISIÓN DE COLABORADORES NA VIXIANZA DO COMEDOR ESCOLAR

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2015-2016, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 28 de setembro de 2015, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2015 .

Durante o curso escolar 2015 -2016 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 

CURSO 2015-2016

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

No DOGA do 1 de setembro apararecen publicadas as axudas para a adquisición de material escolar destinadas aos alumnos matriculados en educación primaria, ESO e educación especial. Terán dereito a esta axuda aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400€

 

O primeiro día de clase os nenos levarán os impresos de solicitude correspondentes ás casas, e estas deberán ser presentadas na secretaría do centro antes do 30 de setembro, pero pregamos facelo canto antes para poder xerar os vales o antes posible.

No seguinte enlace pódese consultar os requisitos para solicitalas. DOGA

 

 

 

Distribuir contido