NOVO HORARIO SECRETARIA XUÑO

Lembramos a todos os interesados que, o horario de secretaría do centro no mes de xuño é:

de 11.10h. a 12.00h.

CONVOCATORIA AXUDA DE LIBROS DE TEXTO

Está publicada no DOG do 30 de maio, a orde pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria.

As instancias pódense  recoller no centro, unha por cada alumno, ou descargar no enderezo http://edu.xunta.es. As instancias presentaranse no centro debidamente cubertas co resto de documentación para a súa tramitación.

O prazo para presentar as axudas de primaria é dende o 2 de xuño ata o 2 de xuño. Para axilizar os trámites e poder entregas os vales correspondentes, pregámoslles o máis pronto posible (antes do 16 de xuño).

Obrigas dos beneficiarios (IMPORTANTE)

1. Destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición dos libros de texto propios do curso académico para o que se solicitou a axuda, segundo a relación que, para tal feito, teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.

2. Conservar en bo estado os libros de textos adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos, como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso. (Queda excluido desta obriga o alumnado de 1º e 2º de primaria).

Adxúntanse o documentos relacionados con esta nova.

 

 

 

 

 

HORARIO DO MES DE XUÑO

Comunicámoslles que a partires do vindeiro luns, 2 de xuño, empezaremos co novo horario. Igual que no mes de setembro, será xornada continuada con servizo de comedor.


O alumnado debe traer unha pequena merenda para tomar a media mañá.


Non enviar bolería industrial.


Horario de clases  9.30 h a 14.20 h


Horario de comedor 14.20 h a 15.15 h


O TRANSPORTE PASARÁ POLAS PARADAS, POLA MAÑÁ QUINCE MINUTOS ANTES E Á TARDE UNHA HORA ANTES DO HORARIO HABITUAL.

Listado de alumn@s admitid@s para o curso 2014/2015

Listado de alumn@s admitidos para o curso 2014/2015

 

Ed. Infantil (4º)

1. Vilar Piñeiro, Zeus Juan.................. 15 puntos ......... admitido S

2. Martínez Noya, Faia........................ 14 puntos .........admitido S

3. Sanmartín Cazás, Adrián................   7 puntos ......... admitido S

4. Seco Meizoso, Carla .....................   7 puntos ......... admitido S

5. Teixido Couso, Xan .....................    7 puntos ......... admitido S

6. Freire Gato, Sara ........................    7 puntos ......... admitido S

 

Ed. Primaria (3º)

Martínez Noya, Kefyalew..................... 14 puntos ........ admitido S

 

Exposición " O humor e os dereitos da infancia"

Por iniciativa do noso Equipo de Normalización Lingüística contamos no centro coa 

Exposición " O humor e os dereitos da infancia"

 cedida ata o día 27 deste mes por o Museo do Humor de Fene. Trátase dunha exposición en cómic, de ilustradores tan coñecidos como Pinto e Chinto, Kap... na que se tratan os dereitos da infancia dun xeito lúdico para os nenos e cun aire de retranca para os adultos.

Invitamos e recomedamos ás familias que se pasen polo centro, en horario lectivo, para vela.


Aberto o prazo de admisión para o curso 2014/2015

ABERTO O  PRAZO  DE ADMISIÓN 



           DESDE  O  DÍA        1 DE   MARZO 

           ATA   O   DÍA          17  DE MARZO

        

  Poden recoller a documentación na secretaría do Centro de luns a venres de 12 a 13 h.



Máis información do decreto de admisión e intrucións da consellería no taboleiro interior do Colexio ou nos ficheiros adxuntos.                                                                        

Distribuir contido