Skip to Content

Lectura, información e aprendizaxe (LIA)

Bolsiñas viaxeiras

As bolsiñas viaxeiras son un recurso facilitado pola Asesoría BEGA para dinamizar lecturas compartidas, en familia.

Na nosa escola @s usuari@s da bolsiñas viaxeiras son @s alumn@s de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.

Semanalmente levan un libro, da selección previa feita polas titoras, para realizar lecturas compartidas en familia. Ao tempo, o alumnado de 6º de infantil, 1º e 2 de primaria desenvolven o programa Que me contas? para levar rexistro das súas lecturas anuais.

Un programa que dinamiza e divulga a lectura por placer ou para aprender, as lecturas en familia.

Guías anuais

Recollemos as guías anuais dos últimos cursos escolares: de Nadal e de verán. Guías que acollen lecturas, xogos, música... cultura!

Premendo nos enlaces accederedes a elas:

BE-LeoLab: laboratorios de aprendizaxe 2023/24

Preme no seguinte enlace para acceder:

BE-LeoLab: laboratorios de aprendizaxe 2023/24

Normas de uso da biblioteca

Os seguintes decálogos da BE gardan relación coas normas básicas para o uso da biblio e os seus espazos e recursos creativos, sendo tarefa de tod@s coñecer, cumprir e velar polas mesmas:

Somos un centro LIA.2

Desde o ano 2019, coa remodelación/inauguración de espazos e recursos, somos un centro LIA.2

O centro neurálxico da nosa escola, pública e rural, é a súa biblioteca escolar que, acorde ao tempo no que vivimos, evolucionou cara un novo concepto: a BE-LeoLab Milladoiro.

Unha biblioteca aberta e ubicua que coida da lectura, da información e da aprendizaxe mediante metodoloxías activas coma a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e favorece a alfabetización múltiple, competencia esencial para a vida. Unha biblioteca escolar creativa e inclusiva, ao servizo da comunidade e do currículo: unha biblioteca social e formadora.

A biblioteca está presente en todos os espazos do centro: aula de cociña, aula sensorial, aula experimental, aula audiovisual, estudio de radio, espazo LeoLab (espazo "maker"); e os espazos acollen recursos diversos: bibliográficos, tecnolóxicos, experimentais, audiovisuais...

A biblioteca de e para tod@s, que permite ao noso alumnado desenvolver un papel activo nas súas aprendizaxes vívidas e significativas, nas que o libro de texto non é a única fonte de información/consulta.

Mochilas viaxeiras

As mochilas viaxeiras están en funcionamento desde o curso 2007-08 e son un convite ás familias para compartir tempo, de calidade, ao redor da lectura e dos libros.

No presente curso, 2023-24, incluímos en cada mochila, ademais dos imprescindibles libros, un xogo de mesa. Xogos que adquirimos grazas ao orzamento do programa "Lectura e Familias" e que valoramos como medio de aprendizaxe e diversión compartida.

Non olvidemos que o tempo en familia é tempo educativo e "o exemplo ten máis forza cas regras" (Nikolái Gógol)

Os nosos PDI

Os Proxectos Documentais Integrados (Rosa Piquín Cancio, 2012) están conformados por actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando os recursos da biblioteca escolar: documentais, tecnolóxicos, audiovisuais...

Na nosa escola os PDI son o eixo dinamizador do acto pedagóxico, acollendo tarefas integradas que se concretan nas Programacións Didácticas de aula para a consecución das competencias clave.

Os diversos PDI que desenvolvemos cada curso escolar enriquecen a nosa comunidade educativa e posibilitan a participación de tod@s mediante actividades de centro que se nutren da alfabetización múltiple.

Na seguinte listaxe recollemos os PDI implementados ata o actual curso escolar 2023-24 no que iniciamos nova singradura. A listaxe acolle diversos PDI que foron recoñecidos, a nivel autonómico, no Concurso de Traballos por Proxectos que promove a Asesoría BEGA cada curso escolar, así como a Distinción Sello CCB 2021, a nivel nacional; recoñecementos que valoramos como avaliación externa altamente positiva:

Laboratorios de Aprendizaxe: que son?

No curso 2019-20 poñemos en marcha os nosos Laboratorios de Aprendizaxe, que nacen para dar unha estructura pedagóxica e organizativa ao novo concepto de biblioteca escolar: BE-LeoLab Milladoiro nun centro LIA.2

A biblioteca, como espazo creativo de aprendizaxes, ofrece diversos espazos e recursos para desenvolver metodoloxías activas nas que o alumnado é produtor das súas aprendizaxes e desenvolve tarefas integradas significativas en grupos interniveis para ser, facer, saber e convivir.

Premendo no seguinte enlace accederedes ao documento que recolle a resposta a... que son os Laboratorios de Aprendizaxe do CEIP Milladoiro?

Laboratorios de Aprendizaxe

Formación de Usuari@s en liña

O uso da biblioteca escolar e os seus espazos creativos require de que o noso alumnado sexa bo usuario da mesma.

O noso principal obxectivo, curso tras curso, é formar a profesorado e alumnado no uso funcional da biblio e os seus espazos.

No curso 2020-21, en colaboración o equipo BE-DL e o equipo Tecnolóxico baixo a coordinación da Xefatura de estudos, elaboramos unha ferramenta dixital indispensable para a nosa formación de usuari@s.

Premendo no seguinte enlace accederedes á mesma:

Formación de Usuari@s en liña

Guía de Usuari@s

A nosa guía de usuari@s facilita o uso funcional da biblioteca e os seus recursos: normas de uso, empréstitos, devolucións, como buscar un exemplar, acceso ao catálogo...

Premendo no seguinte enlace accederes a ela:

Guía de Usuari@s

Distribuir contido


by Dr. Radut