Skip to Content

CAMPAMENTO DE VERÁN 2022

Campamento de verán no CEIP MALLÓN!

Para máis información, consultar o enlace adxunto.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

 

 

 

 

 

PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER AO SERVIZO ONLINE DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022/23

ORDE DO 29 DE ABRIL DO 2022, PUBLICADA O 18 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño. 

 

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS.  ,empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou a CHAVE365, así como tamén se poderánpresentar as solicitudes de xeito presencial no centro docente.

A solicitude será única  por familia  do alumnado  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 

 

MODALIDADES

* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23, están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto.

 

* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

 

* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que curse no 2022/23 Educación Primaria. 

 

REQUISITOS:

Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022 antes do 18 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

·   Impreso de solicitude Anexo I e Anexo II 

·   Fotocopia do libro de familia.

Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2020, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

1.    

Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.

2.    

Cerificado ou volante de convivencia.

3.    

Infome dos servizos sociais.

·   Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

·   Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

·   Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2020, cando non autorice a consulta telemática.

·    Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

·   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

·   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

·   Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE.

·        

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

·        

 A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

Axuda para material escolar.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda. 

 

LETRAS GALEGAS 2022

Día NON LECTIVO

PROHIBIDO APARCAR

Estimadas familias, tal e como se pode ver nas sinais colocadas a ambos lados do aparcamento do bus, queda prohibido estacionar o coche de 7:00h a 10:00h e de 13:00h a 16:00h os días lectivos, chamando á grúa no caso de que haxa algún coche aparcado.

 

milias

CONCRECIÓNS CURRICULARES EDUCACIÓN PRIMARIA

Documento de CONCRECIÓN CURRICULAR ADAPTADO á Orde do 25 de Xaneiro do 2022 (DOG 11 de febreiro de 2022), pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 

 

MENÚ COMEDOR: Mes de MAIO

1ª Festa do libro infantil e xuvenil de Nigrán

 

Este vindeiro venres día 1 de Abril celebrarase no auditorio de Nigrán a 1ª festa do libro infantil e xuvenil de Nigrán, con actividades moi interesantes e divertidas para os cativos e cativas. Botádelle unha ollada!

MENÚ COMEDOR: Mes de ABRIL

Distribuir contido


by Dr. Radut