Skip to Content

INFORMACIÓN XERAL

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2021-22

Estimadas familias:

Tendo en conta a lexislación vixente, as listaxes definitivas do fondo de libros publicaranse, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar. (protección de datos)

O fondo de libros entregaranse no mes de Setembro, ao comezo do curso.

Os cheques (vales) de axuda de material/libros de texto que non se recolleron no mes de Xullo, entregaranse en setembro.

Atentamente,

O equipo directivo.

DIPLOMA "Recreos Residuos Cero", Teachers for future

 

No terceiro trimestre deste curso comezamos a traballar no programa Recreos Residuos Cero de Teachers For Future, o cal tivo moito éxito entre o alumnado concienciando da importancia de reducir ao máximo posible o uso de plásticos.

Por ese motivo, recibimos no centro un diploma do Ministerio de Educación felicitándonos pola nosa participación no programa.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-22 e MATERIAL ESCOLAR

Relación de libros de texto para cada unha das materias e cursos.

NOTA IMPORTANTE:

En relación ao material escolar para cada curso, informar que sairá a lista do mesmo no mes de SETEMBRO.

MENÚ COMEDOR: Mes de XUÑO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2021/22

ORDE DO 6 DE MAIO DO 2021, PUBLICADA O 20 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E  A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes iniciase o día 21 de maio e rematará o día 22 de xuño. 

 

Dada a situación actual, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS. 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a CHAVE365.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nos centros docentes.

A solicitude será única  por familia  do alumnado  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 

 
MODALIDADES:
 
* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º de Primaria, curso incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.
 
* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.
 
* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado  que curse no 2021/22 Educación Primaria. 
 
REQUISITOS:

 Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2020/2021 antes do 18 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.

  2. Cerificado ou volante de convivencia.

  3. Infome dos servizos sociais.

  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.

  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE.

  • ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

  •  A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º, 4º e 6* de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

    a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

    b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

    Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

    a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

    b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

    A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

    a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

    Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

    Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

    Axuda para material escolar.

    A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP  con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

     O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda. 

     

 

LETRAS GALEGAS 2021 1º E 2º PRIMARIA

Día NON LECTIVO

CAMPAMENTO DE VERÁN

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREME NO DOCUMENTO ADXUNTO.

MenÚ COMEDOR: Mes de MAIO

Distribuir contido