Skip to Content

Dinamización da Lingua

LETRAS GALEGAS 2023: CONCURSO DE PREGUNTAS E PROXECCIÓN DO VÍDEO MUSICAL REALIZADO CO ALUMNADO.

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende o EDLG organizamos un concurso de preguntas (Kahoot) sobre lingua e cultura galega no que participaron cativ@s de todos os cursos mesturados en grupos con nen@s de diferentes idades.

COMPROBA O QUE SABES PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE.

Despois do concurso continuamos coa estrea do vídeo musical da canción "Lingua guapa" do libro-disco "Cantos que contan..." de Fina Casalderrey, elaborado en colaboración coa profe Lucía (música).

Aquí tedes o resultado:

LETRAS GALEGAS 2023: PANEIS BIOGRAFÍA FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Con motivo da celebración do Días das Letras Galegas o alumnado de 4º de Primaria elaborou uns paneis co resumo da biografía  de Francisco Fernández del Riego.

Podes acceder aos materiais na seguinte ligazón.

BIOGRAFÍA FERNÁNDEZ DEL RIEGO - CEIP MALLÓN

 

GAÑADORAS CONCURSO DESEÑO LOGO CHAPAS ROSALÍA

GAÑADORAS DAS DÚAS CATEGORÍAS

ENTREGA DE PREMIOS

ENTREGA DE CHAPAS CONMEMORATIVAS COS DESEÑOS GAÑADORES

 

PLANTACIÓN CAMELIA

RECITADO POÉTICO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DOMINÓ POÉTICO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro elaboramos este dominó poético co poema "Adiós ríos, adiós fontes", co que o alumnado xogou nas semanas previas ao 23 de febreiro.

Podedes descargalo en pdf nas seguintes ligazóns:

VERSIÓN INFANTIL (CON CÓDIGO DE CORES)

VERSIÓN PRIMARIA

INVESTIGAMOS SOBRE O ENTROIDO

É TEMPO DE ENTROIDO

ENTROIDO: NON PARE A FESTA!

VISITA GUIADA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE OUTEIRO DOS LAMEIROS

 

 

VISITA OUTEIRO DOS LAMEIROS de Spginet

O pasado venres tivemos a ocasión de contar no colexio coa presenza de Bruno, do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).

Nesta ocasión achegounos ao coñecemento do noso patrimonio cultural e arqueolóxico, poñéndoo en valor e ensinándonos a respectalo e a darlle a importancia que merece.

A actividade consistiu nunha exposición previa sobre o xacemento arqueolóxico de Outeiro dos Lameiros, para despois trasladarnos a visitalos e contemplar estas obras de arte elaboradas aproximadamente 4.000 anos atrás.

Dende o EDLG agradecémoslle a Bruno o seu tempo e a calidade e paixón coa que nos transmitiu a información.

Podedes acceder aos materiais en PDF aquí abaixo.


Distribuir contido