Skip to Content

Dinamización da Lingua

RECITADO POÉTICO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DOMINÓ POÉTICO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro elaboramos este dominó poético co poema "Adiós ríos, adiós fontes", co que o alumnado xogou nas semanas previas ao 23 de febreiro.

Podedes descargalo en pdf nas seguintes ligazóns:

VERSIÓN INFANTIL (CON CÓDIGO DE CORES)

VERSIÓN PRIMARIA

INVESTIGAMOS SOBRE O ENTROIDO

É TEMPO DE ENTROIDO

ENTROIDO: NON PARE A FESTA!

VISITA GUIADA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE OUTEIRO DOS LAMEIROS

 

 

VISITA OUTEIRO DOS LAMEIROS de Spginet

O pasado venres tivemos a ocasión de contar no colexio coa presenza de Bruno, do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).

Nesta ocasión achegounos ao coñecemento do noso patrimonio cultural e arqueolóxico, poñéndoo en valor e ensinándonos a respectalo e a darlle a importancia que merece.

A actividade consistiu nunha exposición previa sobre o xacemento arqueolóxico de Outeiro dos Lameiros, para despois trasladarnos a visitalos e contemplar estas obras de arte elaboradas aproximadamente 4.000 anos atrás.

Dende o EDLG agradecémoslle a Bruno o seu tempo e a calidade e paixón coa que nos transmitiu a información.

Podedes acceder aos materiais en PDF aquí abaixo.


O SOUTO DA LINGUA

 

Para celebrar a chegada do outono e o magosto, dende o Dpto. de Dinamización da Lingua propuxemos confeccionar un mural entre todo o cole. O alumnado de Infantil encargouse de facer as árbores, mentres que en Primaria decoraron follas, ourizos e castañas; onde recolleron ditos, refráns, rimas e adiviñas de tradición oral propios desta época do ano e  que preguntaron na casa.

 

INVESTIGAMOS SOBRE O MAGOSTO. 6º PRIMARIA

CRÓNICAS DUNHA DESMEMORIA

Conxunto de vídeos sobre a época de esplendor do Reino de Galicia.

A ORIXE DA NOSA LINGUA

Distribuir contido


by Dr. Radut