Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/22

 

Familias:

Informamos que o inicio do curso escolar 2021/22 comezará dende o 9 de Setembro de 2021 ata o 22 de Xuño de 2022, ambos inclusive.

período de adaptación do alumnado de Educación Infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, non se prolongará máis alá do 21 de Setembro de 2021.

Se queredes consultar a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22, editado pola Consellería de Educación, pinchade neste enlace:

 

Calendario escolar 2021/22

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINANZA NON UNIVERSITARIA DE GALICIA PARA O CURSO 2021-22

A consellería de Educación en resolución conxunta coa Consellería de Sanidade, publicou o día 7 de xullo o "protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2021-22."

O centro adaptará dito protocolo ao seu contexto ao inicio do curso, do cal seredes informados/as.


Preme no enlace para máis información.

 

Protocolo Covid-19 curso 2021-22

MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2021-22

Adxuntamos documento coas listas de material escolar para o curso 2021-22, para cada curso da etapa de Educación Primaria.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE CURSO 2021-22

Pincha na imaxe para obter máis información.

 

INFORMACIÓN XERAL

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2021-22

Estimadas familias:

Tendo en conta a lexislación vixente, as listaxes definitivas do fondo de libros publicaranse, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar. (protección de datos)

O fondo de libros entregaranse no mes de Setembro, ao comezo do curso.

Os cheques (vales) de axuda de material/libros de texto que non se recolleron no mes de Xullo, entregaranse en setembro.

Atentamente,

O equipo directivo.

DIPLOMA "Recreos Residuos Cero", Teachers for future

 

No terceiro trimestre deste curso comezamos a traballar no programa Recreos Residuos Cero de Teachers For Future, o cal tivo moito éxito entre o alumnado concienciando da importancia de reducir ao máximo posible o uso de plásticos.

Por ese motivo, recibimos no centro un diploma do Ministerio de Educación felicitándonos pola nosa participación no programa.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-22 e MATERIAL ESCOLAR

Relación de libros de texto para cada unha das materias e cursos.

NOTA IMPORTANTE:

En relación ao material escolar para cada curso, informar que sairá a lista do mesmo no mes de SETEMBRO.

MENÚ COMEDOR: Mes de XUÑO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2021/22

ORDE DO 6 DE MAIO DO 2021, PUBLICADA O 20 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E  A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes iniciase o día 21 de maio e rematará o día 22 de xuño. 

 

Dada a situación actual, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS. 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a CHAVE365.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nos centros docentes.

A solicitude será única  por familia  do alumnado  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 

 
MODALIDADES:
 
* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º de Primaria, curso incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.
 
* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.
 
* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado  que curse no 2021/22 Educación Primaria. 
 
REQUISITOS:

 Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2020/2021 antes do 18 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.

  2. Cerificado ou volante de convivencia.

  3. Infome dos servizos sociais.

  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.

  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE.

  • ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

  •  A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º, 4º e 6* de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

    a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

    b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

    Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

    a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

    b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

    A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

    a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

    Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

    Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

    Axuda para material escolar.

    A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP  con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

     O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda. 

     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut