Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022/23

ORDE DO 29 DE ABRIL DO 2022, PUBLICADA O 18 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño. 

 

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS.  ,empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou a CHAVE365, así como tamén se poderánpresentar as solicitudes de xeito presencial no centro docente.

A solicitude será única  por familia  do alumnado  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 

 

MODALIDADES

* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23, están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto.

 

* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

 

* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que curse no 2022/23 Educación Primaria. 

 

REQUISITOS:

Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022 antes do 18 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

·   Impreso de solicitude Anexo I e Anexo II 

·   Fotocopia do libro de familia.

Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2020, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

1.    

Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.

2.    

Cerificado ou volante de convivencia.

3.    

Infome dos servizos sociais.

·   Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

·   Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

·   Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2020, cando non autorice a consulta telemática.

·    Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

·   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

·   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

·   Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE.

·        

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS

·        

 A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

Axuda para material escolar.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda. 

 



story | by Dr. Radut