Skip to Content

MAGOSTO 2012

Xa podedes ve-las fotos da celebración do Magosto. Despois de comer chourizos e castañas asadas xogamos a un montón de xogos populares moi divertidos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

CELEBRACIÓN DA FESTA DE SAMAÍN

Empezouse a celebración da festa do Samaín facendo un desfile de todos os nenos e nenas pola alfombra roxa. Despois entregáronse os premios aos nenos e nenas que fixeron o marcapáxinas máis orixinal ou con máis cariño do Día do Libro.

Estes son os premiados:

 

Infantil 3 anos

Adriana Grandal

Infantil 4 anos

Lucía Fernández

Infantil 5 anos

Mateo Hansen

 
     

1º Primaria

Gabriel Cabaleiro

2º Primaria

Yunina Sanromán

 3º Primaria

Amaya Miniño

 
       

 4º Primaria

Helena Iglesias

 5º Primaria

Eva Piñeiro

 6º Primaria

Gustavo Hofling

 

 

A continuación os maiores leron contos que eles mesmos escribiron.

 

Ao final un "Morto zombi" coa axuda dunha "Bruxa" contaron un conto de moito medo na biblioteca nun ambiente un pouquiño escuro.

SAMAÍN 2012

Velaquí as fotos da celebración do Samaín no colexio. Preme na imaxe e poderás ver todo o que fixemos na escola para celebrar este día.

MUÍÑOS DO REGUEIRO

Aquí tedes as fotos da visita que realizamos aos Muíños do Regueiro en Chandebrito.

SAMAÍN 2012

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe, 24 de outubro, celebrouse na biblioteca do colexio

"O Día da Biblioteca"

En dúas sesións distintas déronse cita na biblioteca os nenos e nenas do colexio.

Primeiro foron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.  Estiveron decorando un marcapáxinas e cada un escribiu unha frase relativa ao que é para el un libro.

Despois foron os nenos e nenas de infantil ,1º e 2º que estiveron facendo tamén o debuxo no marcapáxinas.


NOVO CURSO

BENVIDOS AO NOVO CURSO

2012-2013


Aquí podedes enterarvos das novidades,

celebracións e actividades que se realizarán ao

longo deste curso.


Pouco a pouco iremos subindo as novas.

Distribuir contido


by Dr. Radut