Skip to Content

Matemáticas divertidas!

Así de ben o pasamos compoñendo e decompoñendo decenas. Manipulando todo é máis sinxelo.

Contacontos

O venres tivemos a visita dunha Contacontos, chamada María, coa que o pasamos moi ben!

Deixamosvos un adianto do ben co pasamos!

 

Mamá!

Aproveitamos a ocasión para deserxar un bo día a tódalas mamás do cole!

Deixamosvos unha mostra dalgúns dos agasallos realizados.

DÍA DO LIBRO 2016


PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro, tivemos que retrasar a celabración xa que, como sabedes, algúns dos nosos compañeiros estaban a facer de anfitrións. Pero o que conta é celebrar, e este é un adianto dalgunhas das cousas que preparamos co profe Sergio!

Acougamos que vos gusten! 

 "Que vivan los cuentos" - Educación Infantil

"Son esquimó" - 1º Educación Primaria

Abraiados co mago Parlanchín!

Despois de descubrir os códigos QR, para nós os "códigos dos iogures", o mago Parlanchín volveu a sorprendernos. Desta vez fixo algo co que quedamos abraiados. A profe Débora deixoulle uns debuxos dos medios de transporte, os cales lle estamos a ensinar, e... o que fixo o mago foi sorprendente! Realidade aumentada cos debuxos, enfocábamos os debuxos e aparecía un transporte real! Foi unha pasada!! Así estabamos, que non dábamos nin chío!

Pero... non foi todo! Ademáis deixounos unhas mensaxes segredas que nós, por grupos, tivemos que resolver para despois adiviñar; Pois resulta que era a solución a unhas adiviñas que tiñamos espalladas por diferentes rincóns da aula. Pasámolo xenial!

Parlanchín-saúdos!

 

Vídeo intercambio

Aquí tendes a vosa disposición o vídeo recopilatorio con algúns dos momentos vividos durante a visita dos nosos amigos de Manchester.

 

BOA VIAXE!

Hoxe, os nosos amigos de Manchester voltaron a súa cidade, despois dunha intensa semana de intercambio cultural. Grazas por todo!

Aquí tedes un brevísimo resume, pulsa na imaxe e verás:

Discover the Cies Islands

Hoy nos vamos a visitar las Islas Cíes!

Today we go to visit Cies Islands: an amazing national marine-terrestrial park. Here you have more information about this beautiful place called islands of the gods by Romans.

Cousas das novas tecnoloxías!

Hoxe, no taller de estimulación da linguaxe, tivemos unha sorpresa: Unha nova carta do mago parlanchín! Nela invitounos a buscalo pola clase de audición e linguaxe, xa que él sempre está alí agochado. ¡Tivemos que descubrir o seu escondite! Despois de moito buscar o único que atopamos foron dous códigos, "deses que saen nos iogures", era o único que sabíamos acerca deses códigos... Códigos QR. Pero...¡agora sabemos moito máis! E é que a través deles podemos ver o noso mago parlanchín!!!!! 

¡Que emoción! os axudantes do mago puxeron os códigos nun lugar visible, tal como  o propio mago nos pedía na carta, deste xeito podemos velo sempre.

Distribuir contido


by Dr. Radut